Está morto o blogoglobo?

Standard

Unhas redes sociais decaen e outras agroman, algunhas pechan e dan un tempo para poñer as nosas cousas a salvo mais rara vez o facemos. Un blogue funciona de distinta maneira, e mesmo podemos almacenar nel as nosas actuacións nas redes sociais. Se pecha o servidor de balde nde o temos albergado sempre poderemos exportalo para outro. Se cadra, se deixamos de pensar no valor dos blogues en termos do seu número de visitas e os concibimos en primeiro lugar como punto de almacenaxe de toda a info que vai conformando a nosa identidade dixital… Seguro que os blogues están mortos?

“Hoy las tendencias están claramente cambiando, la gente prefiere mantener una cuenta en Facebook (donde tiene contactos inmediatos con familiares y amigos) o bien se ha unido al amado/odiado microblogging engendrado por Twitter, donde ya no se requiere una hora de inspiración, sino 140 caracteres que describan en una línea lo que se está haciendo, facilitando mucho el proceso de mantener actualizada a su “audiencia”. Mientras tanto, los blogs ahora son plataformas para que medios (como su humilde servidor) generen contenido un nivel menos personal y más localizado.”

vía FayerWayer.

Tumblr vs. Press this

Standard

(Actualizado 22/05/09) Finalmente -non sei por canto tempo- vou conservar o widget de Tumblr para colocar aí as noticias que me parecen interesantes mais que non comento.

Unha vez que comprobo que cautelar significa exactamente o que eu penso, retiro cautelarmente o widget do Tumblr da barra de ferramentas. Acho que me resulta máis cómodo extraer noticias ou pedaciños da web que me parecen interesantes a través de Press this, unha ferramenta incluída no panel de administración do blogue que, a través dun botón arrastrado até a barra do navegador, permitefacer anotacións no blogue sen entrar na páxina correspondente e que con só seleccionar o contido que nos interesa o inclúe ao premer no botón de Press this engaindo a ligazón para a fonte.

Outra vantaxe deste recurso fornte ao Tumblr é que co Press this os contidos engadidos ao blogue están gardados fisicamente (é un dicir) no blogue, isto é, que non son simples ligazóns de Tumblr senón contidos do propio blogue, que aparecerán nas procuras en Google ou en calquera outro buscador.

Ademais de todo o anterior, e por se fose pouco xa, resúltame máis simple comentar as noticias e o resultado visual final é francamente mellor.