Clubs de lectura, bibliotecas, amigos, conversa…

Standard

Hai semanas Amazon anunciou que sería posíbel prestar os ebooks para o Kindle baixo as condicións de que o préstamo se levaría a cabo unha soa vez con cada título, que sería por 14 días e que o propietario do exemplar perdería o acceso ao libro durante o tempo que este estivese prestado. Moitas foron as voces que se levantaron son contra destas restricións; a crítica que subxace é que aínda que che concedan algunha graza, un comprador de contidos en forma de ebook non é posuidor de nada, senón usuario dun servizo que a empresa provedora podería desautorizar en calquera momento. O caso é que xa existe o club oficial de préstamos do Kindle e, tal e como debeu planificar o xigante da distribución de textos, que non de contidos en xeral, está a funcionar disque fantasticamente ben. A clave está, como en tantos asuntos, no número de usuarios activos. Xa non é pensar a cal dos meus amigos lle pode interesar ler o libro que eu merquei e que me ofrecerá a cambio, senón que nunha comunidade grande de lectores, seguro que hai quen ten libros que a min me interesan e, se cadra, até podemos acabar falando deles. Os rankings funcionan, e se se incentiva o préstamo, tamén se incentiva a compra de novos libros que poderás prestar á súa vez.

Non vaias ao mercado estadounidense sen axente

Standard

Hai moitos anos, os libros que chegaban ás oficinas das editoras enviados por incansábeis autores na procura de quen os descubrise para a posteridade, formaban as slush piles, moreas de quilos de nova pasta de papel.

Parece ser que o último libro editado por Random House sen intermediación dun axente foi publicado en 1991. A razón é que os editores non se atreven a publicar calquera cousa que reciben sen defensa explícita dunha axencia polo temor a que sexa un plaxio e que isto poida traerlle grandes problemas legais.

Teño idea de que en Galiza existe só unha axencia literaria e que está dedicada sobre todo á venda de dereitos no exterior, así que a situación é para nós totalmente distinta. Ou precisamente é relativamente fácil publicarmos un libro en galego mais tan difícil como para calquera, por moito que se teña publicado en galego xa, traspasar as fronteiras galegas e conseguir levalo ás tendas de Bilbao, de madrid, do Porto ou de Lisboa?

The death of the slushpile—and the rise of new choices like self-published e-books | TeleRead: Bring the E-Books Home.

PDFmyURL: converter calquera url nun PDF

Standard

Se non temos ningún editor de texto á man e queremos gardar para outro momento o contido dunha web en formato pdf, podemos realizar a conversión mediante esta ferramenta.

Ao vela pregunteime se captaría os textos de Google Books e outros sitios de libros con textos de lectura online protexidos contra copiado e funo mirar…

PDFmyURL.com – Convert and save pdf from any webpage for free.

Distribuidores franceses, unidos?

Standard

As cinco cadeas de librarías francesas máis potentes queren unirse para constituír unha plataforma unificada de distribución para ser quen de faceren fronte ao desembarco de Amazon e Google. Con todo a maior editora, Hachette, ve esta medida con escepticismo porque os intereses de editoras e libreiros non sempre coinciden.

víaFrench book retailers seek help to create ‘national e-book platform’ | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Máis unha estratexia: ebook de balde durante 3 semanas

Standard

Isto é o que está a facer Daniel Blythe co seu último libro: podes solicitalo de balde en formato electrónico a través dun formulario no seu blogue. Podes engadir o formulario no teu propio blogue e facerlle publicidade a cambio do libro de balde, todo isto durante 3 semanas, despois das cales o libro sairá á venda en papel en edición de peto.

Icon author releases free e-book pre-publication | theBookseller.com.

Inauguración de Enclave Editores-BNE

Standard



“ENCLAVE Editores-BNE tiene como objetivo definir y desarrollar modelos de integración de contenidos sujetos a derechos de autor en bibliotecas digitales. Se constituye como un centro de referencia para las bibliotecas que deseen ofrecer servicios de este tipo.

Como objetivo piloto se propone la incorporación de contenidos digitales sujetos a derechos en la Biblioteca Digital Hispánica (BDH).

El proyecto quiere contribuir a impulsar la innovación entre los agentes de la cadena de valor del libro. Para ello, se incentivará la creación de grupos de trabajo cuyas conclusiones puedan estar al alcance de cuantas entidades deseen impulsar proyectos semejantes.

ENCLAVE está promovido por la Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) conjuntamente con la Biblioteca Nacional de España (BNE). En diciembre de 2008, ha recibido una subvención del Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.

Más información:http://www.bne.es/es/Catalogos/Biblio…

Se inaugura Enclave Editores – BNE « Libros & Tecnologia.

19 blbliotecarios menos que hai un ano en Edimburgo

Standard

Que pasará coas nosas redes de blbliotecas nos próximos anos? E se pensan que todos os traballadores son funcionarios e que van estar nos seus postos até que xubilen, están equivocados. Non sei agora mesmo mais hai 4 anos tiven unha compañeira de traballo que tiña dous empregos. O posto en que non coincidía comigo era na biblioteca infantil de Durán Loriga na Coruña. Segundo ela me contaba, traballaba para unha empresa que tiña a concesión, facía practicamente unha xornada completa en tres tramos diferentes que ían das 9 da mañá ás 9 da noite, e cobraba arredor de 500 € ao mes.

Edinburgh’s librarians “completely demoralised” after service restructure | theBookseller.com.

Fondos da Biblioteca do Congreso

Standard

Actualmente almacena 700 terabytes de contidos, entre libros e documentos audiovisuais. Deles só 200 terabytes están á disposición dos usuarios en internet por cuestións de dereitos.

Os expertos estiman que a biblioteca contén máis de 120 millóns de libros, 36.000 filmes e centos de miles de partituras e gravacións de audio, ademais de enormes coleccións de manuscritos, posters e fotografías.

Só o 1% de todos eses materiais foron dixitalizados até agora.

víaLibrary of Congress Digital Collections – 700 Terabytes of Data and Growing…10.10.09 « The Proverbial Lone Wolf Librarian’s Weblog.