As redes sociais na promoción do libro

Standard

“Cada vez es más evidente el impacto y la influencia de las redes sociales en la visibilidad de una web. Las editoriales deberían permitir a sus lectores compartir sus contenidos de sus webs en sus redes sociales favoritas. El sitio web de The New York Times, por ejemplo, ofrece enlaces para compartir sus artículos en Twitter o Linked-In, entre otros. En tan solo un año ,Twitter aporta ya más del 10% del tráfico hacia esta web. La web de The Wall Street Journal tiene enlaces para compartir sus noticias en Facebook y Myspace.”

Interesante e axustada análise sobre a inescusábel promoción do libro nas redes sociais. Digo inescusábel porque a día de hoxe tanto autores, como editores, como lectores a consideran obrigatoria para espallar o boca-orella que parece ser o mellor método para que unha obra literaria venda moito e rápido. O que acontece é que até hai un par de anos a promoción era só unha cuestión de cartos, creo eu. Sabías os efectos que podías esperar en función do diñeiro que tiveses investivo. Desde logo había todos os anos grandes sorpresas mais iso formaba parte do xogo.

Coa utilización maioritaria das redes sociais o panorama muda. Os profesionais do márqueting son os primeiros experimentadores e non sempre os resultados son tan bos como se espera. Hai quen pensa que abrir perfís en Twitter e Facebook é sufuciente para dar a coñeceer un produto e outros non saben en quen confiar o seu diñeiro para tirarlle un rendemento a través da venda de exemplares.

Todos estamos de acordo, parece, en que as redes sociais son o camiño mais sabemos todos onde queremos ir?

víaComunicación cultural | Impacto de las redes sociales en la promoción del libro.