iGoogle – Social

Standard

Estou a experimentar cos novos gadgets de iGoogle – Social. A primeira impresión é boa: podemos partillar estado, lecturas e posicionamento a través do Timeline e por outra banda un bloc de notas colectivo con ToDo, os dous que máis me interesan en principio.

É preciso seleccionar os amigos con quen queremos partillar esta información mais polo momento só podemos crear un grupo, o cal pode ser interesante para conservar dentro de límites seguros por exemplo as notas, pero reduce as posibilidades de usar outros gadgets cun número maior de xente para, por exemplo, xogra unha partida ao xadrez con alguén que non ten por que ser amigo en esntido estrito.

Os contactos agregados cuxos enderezos de correo non pertenzan a Gmail, recibirán un correo como aviso das nosas actualizacións de estado, boa idea tamén.

Imaxino que nas próximas semanas haberá noticias interesantes sobre o iGoogle – Social con frecuencia.

Rectificación: cada gadget pode partillarse independentemente co grupo de amigos que queiramos, así, vou partillar por exemplo o de actualizacións de estado cos meus contactos habituais de Gmai -non cos que non teñen Gmail para non aburrilos cunha chea de correos cada vez que actualice- e o ToDo só cos compañeiros de traballo.

iGoogle – Social.