Pornque votaría pola Marea atlántica se vivise na Coruña

Standard

Cando por fin me convencín de que era mellor votar e comecei a facelo, en realidade sentía que acudía ás urnas máis ben a quitarlle un voto aos malos, e vía con tristeza que o peor do sistema nunca era cuestionado. Votaba persoas en cuxo traballo e intencións confiaba, para min cativas nunha organización ríxida cuxas leis estaban sempre por riba dos dereitos da cidadanía, que ademais precisaban unha reinterpretación, así como unha redefinición do concepto de participación. Así teño votado pola miña querida amiga María Xosé Bravo e por Xosé Manuel Carril , aos que gostaría ver de novo no Concello, ou Ana Miranda, unha sabia com que temos a sorte de contar na pantomima do Parlamento Europeo.
Co xurdimento das Mareas e outras plataformas cidadás similares ao longo do estado, sinto por primeira vez que hai programas polos que quero votar, que podo participar directamente nas decisións da miña comunidade, e iso ilusióname. Porque non creo nxs gobernantes senón nxs representantes, e porque non creo que estxs teñan que destacar nin pola súa riqueza nin polas súas técnicas interpretativas, senón pola súa honradez e polas súa capacidade para coordinar grupos de traballo.
Pero é que ademais, orgúllame contar coa amizade e coas capacidades de organización, de análise e de crítica de persoas como Iago MartínezRocío Fraga Rizlinha e José Manuel Sande GarcíaGarcía, sei da iniciativa desde o seu inicio, sei como comezaron a traballar desde os barrios, de forma horizontal sen a predeterminación de fundar un partido senón de mellorar a vida da comunidade, sei de como ese traxecto xs levou aonde están agora, a piques de facer posíbel que a propia cidadanía xestione directamente os recursos da comunidade, para facer da Coruña un exemplo de convivencia e desenvolvemento sociocultural, unha grande esperanza por primeira vez na vida é o que sinto.
E noutros lugares como Arteixo, en que parece que aínda non estamos madurxs para cambiar todas esas cousas que nos dicían que non se podían tocar, votarei por Silvia Seixas Naia, por Xurxo Couto e por Xabier Maceiras Rodriguez , que van na candidatura do BNG e son as únicas persoas que coñezo, e nas que confío para que me representen.

Publicado desde WordPress para Android

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>