Nace Meubook

Standard

Onte presentamos Meubook, a primeira plataforma empresarial galega de edición, distribución e impresión baixo demanda de contidos, Meubook é unha rede social e punto de encontro para editoras, autor@s, librarías, centros de formación e lector@s, e tamén un centro de negocios onde os distintos axentes do mundo editorial poden poñerse en comunicación e multiplicar o resultado dos seus esforzos.

Meubook está desenvolvida nun contorno de software libre baseado en Elgg e dispón de ferramentas propias creadas por Gradiant e a Universidade de Vigo. A partir de finais de xuño os usuarios poderán rexistrarse, subir contidos, vender, mercar ebooks e libros impresos, álbumes de fotos e libros infantís personalizados.

Nós, o equipo de Algueirada, seremos os administradores e dinamizadores da rede social. Mediante a análise permanente dos contidos e da participación na plataforma, asumiremos os labores de mellora coninua do sistema de recomendacións, promoción das obras editadas a través de Meubook e creación de actividades sociais que colaboren a que meubook.com sexa, ademais de todo o dito, un lugar de ocio onde encontrarnos coas nosas amizades.

Estamos realmente contentos e ilusionados con este novo proxecto, ao que nos sumamos con todas as nosas enerxías.

3 thoughts on “Nace Meubook

  1. Xurxo Roma

    E como pensades mellorar vós o sistema
    de recomendación? Iso é traballo de investigación
    e desenvolvemento e correspondería máis aos
    desenvolvedores do sistema. Por certo, deben ser
    uns fantasmas, pois non se fala deles, nin estaban
    na presentación nin se sabe quen son. Isto parece
    un misterio

  2. maria

    ¿Como vai se-la cousa? ¿Poderei subir libros enteiros ou só relatos curtos? ¿A xente baixará os libros da rede directamente ou haberá unha edición impresa? ¿cobraráse por este servizo ou será de balde? ¿Sacará o autor ou autora algún beneficio disto ou só a satisfacción de velo publicado? Grazas pola vosa paciencia.

  3. Xurxo,
    Algueirada é unha empresa independente que ten asinado un acordo de colaboración con Meubook para administrar a súa rede social. O noso grao de area para a mellora do sistema de recomendacións centrarase na recollida de información e no fornecemento de ideas. Canto aos comentarios que fas a continuación, corresponde a resposta á dirección de Meubook quen, con certeza, terá moito interese en divulgar as particularidades do proxecto. Proximamente no seu portal e agora xa no seu perfil de Facebook.

    María,
    Poderás subir relatos breves e libros non só longos senón tamén longuísimos se queres. Os compradores poderán descargalos en formato electrónico ou encargar unha copia en papel que lles será entregada no seu domicilio. A autora cederá unha parte dos seus ingresos a Meubook. Os termos concretos serán anunciados proximamente.

Comments are closed.