Saltan las alarmas en el sector editorial español al retroceder 20 años | Actualidad | EL PAÍS

Standard

http://cultura.elpais.com/cultura/2014/07/14/actualidad/1405317133_980091.html

Datos de 2013:

809 empresas editoriales privadas y agremiadas: -0,9 %

76.434 títulos editados (incluidos las reimpresiones): -3,5 %

246,35 millones de ejemplares publicados: -12,1 %

3.223 ejemplares de tirada media por título: -9,0 %

153,83 millones de ejemplares vendidos: -9,6 %

2.181 millones de euros en facturación: -11,7 %

Publicado desde WordPress para Android

Xuntanza: alternativas Día das letras

Standard

“A Mesa fai un chamamento a participar na reunión aberta que en réxime de autoconvocatoria terá lugar esta quinta feira, 10 de xullo, ás 18.30 horas na Libraría Couceiro para abordar propostas de cara ao Día das Letras de 2015″

Aquí podes ler a proposta que eu asino.

A partir das 18:30 comezamos.

En Twitter: #letrasgalegas

Lentillas

Chat

Desde hoxe descanso das gafas por unha tempada. Ademais, para a miña sorpresa, podo durmir con elas e nin sequera teño que quitalas todos os días, só se sinto que se me secan os ollos. A sensación de ver ben sen percibir o borde das gafas arredor dos ollos é moita cousa, e a de ter areas nos ollos de cando en vez tamén o é, pero de signo contrario.

Vou facer a proba a ver cantos días seguidos aguanto con comodidade sen quitar as lentillas.

Torre de Breogán

Vídeo

Isto é un pequeno fragmento do concerto de Luar na lubre coa Sinfónica de Galicia hai uns días no Palacio da ópera da Coruña.

Foi unha experiencia única escoitar e ver tanto talento xunto dun grupo que soa tan sumamente ben e compasado, logo de 30 anos xuntos. A sala, chea que rebordaba. E de súpeto a beleza en forma de música rodeounos. Música nosa, fiada na roca da nosa tradición, do noso patrimonio cultural, dunha parte da nosa riqueza maltratada e ameazada, mais tan linda, que non puiden evitar as bágoas a rodaren pola miña face. Sei que Marisa me comprende, e calquera de vós se tivésedes estado alí.

Parabéns e longa vida, Luar na lubre!

O vídeo seguinte contén a ovación final, para que vexades que non esaxero.

De estrea

Estado

Por fin. Xa o teño. Acabo de trasladar os posts dos meus antigos blogs ao noso servidor para comezar esta terceira etapa de publicacións. Hai moitas razóns, pero entre elas que acabamos a ceder Blogaliza ao seu creador orixinal e antigo socio de Algueirada, Pedro Silva, a través dunha asociación cultural chamada do mesmo modo.

Agora xa non sinto obriga profesional de manter o blog nun lugar que se me fora facendo pequeno porque non podía instalar o que quería nin experimentar con plugins e themes libremente sen poñer en risco o sistema, un sistema que se nos fixo inasumíbel manter, mesmo moito por baixo dos mínimos que nos tería gustado esixirnos.

Desexo o mellor a Pedro Silva e á Asociación Blogaliza nesta nova fase dun proxecto que abriu as portas da autoedición de contidos a moitos centos de persoas e que aínda constitúe o espazo principal de publicación de tantas asociacións, bibliotecas, docentes e, en xeral, autorxs en galego.

Pola miña banda espero, desde este novo caderno de notas público, partillar cousas interesantes, eventos culturais, ligazóns, opinións e imaxes relacionadas con temas que me interesan moito como os libros, as ferramentas dixitais, proxectos culturais novidosos e algúns outros que irei revelando no día a día.

Importei todos os contidos dos blogs antigos para este; parece mentira, 10 anos blogueando xa.

O formato do blog aínda non é definitivo, xa irei vendo segundo as ganas e o tempo me vaian marcando o paso.

Benvidxs á miña casa nova!