24symbols quere que os editores sexan os seus accionistas a cambio do seu catálogo

Standard

24symbols quiere que los editores sean sus accionistas a cambio de su catálogo de e-books

Sobre a marcha e sen demorarme en realizar comprobacións extensivas nin elaborar un discurso completamente fiado, non me resisto a comentar uns cantos puntos que me veñen espontaneamente á cabeza. Parto das diferenzas e dificultades para que 24Symbols funcione como Spotify e sexa rendíbel. -a estas alturas non sei se Spotify o é realmente ou se mantén polo interese como observatorio e banco de probas. E non me refiro tanto a que estea a producir grands beneficios, como a que calquera día poida ser pechado polos seus propietarios- Se hai alguén con iterese por conversar sobre este tema máis en profundidade, podemos facelo a través dos comentario.

1. O número de páxinas lidas non ten nada que ver co número de cancións escoitadas. Non é preciso lembrar que se pode escoitar música mentres se realizan outras moitas actividades pero, agás @wicho e algunha que outra persoa máis, non é aínda moi común ler libros electŕonicos na bici estática. A diferenza entre o número de cancións que se poden escoitar nun mes co número de paxinas que se poden ler no mesmo tempo pode provocar que o que resulta un modelo válido para os contidos musicais, non o sexa para os contidos escritos, sobre todo cando estamos a falar de puro texto sen ter en conta formas diversas de narrativas transmedia..

2. O catálogo musical dixital estaba completo cando se lanzou Spotify, mais non ocorre o mesmo co de libros. Teño moita curiosidade por saber cal a porcentaxe real de edicións oficiais e non oficiais de títulos do catálogo completo actual.

3. Aínda coa mellor vontade das editoras e coa súa participación no accionariado, o catálogo que pode ofrecer 24Symbols distará moito de apróximarse á oferta musical de Spotify, polo dito no punto anterior.

4. A posibilidade de permitir aos usuarios que compartan as suas edicións non oficiais de títulos procedentes dos catálogos en papel das editoras, e que estas produzan beneficios para os propietarios dos dereitos implica, por unha banda, unha dificultade engadida que é a conversión, e por outra o risco de versións alteradas ou editadas nos contidos polos usuarios, que poden prexudicar as editoras propietarias dos dereitos desas obras. Este problema tampouco existe coa difusión e reprodución de arquivos de música, cuxo formato nativo é o mesmo que se distribúe en internet, ou outro saído dun proceso de conversión que só afecta á cualidade do son, máis non á melodía, nin ás letras das composicións, nin aos intérpretes. Sobre este punto tería moitas outras cousas que dicir, mais non é o momento.

5. Cos prezos que teñen asignados aos seus ebooks a maioría das editoras, se unha novidade, digamos, custa entre 10€ e 15€, que tarifa de subscrición mensual ou anual se esixirá para poderes acceder a todo o catálogo dun grupo, que pretende ser considerábel, de editoras? Se o prezo é baixo, ninguén mercará o ebook na slibrarías dixitais como descarga e, se é moi alto, hai que ler moitos libros ao mes para que poida compensar. En todo caso, non concibo ningún servizo de subscrición a ningunha forma de ocio que supoña máis de 15€/mes -e xa me parece moito-, aínda que o catálogo fose realmente tentador, aínda que haxa lectores que gasten muito por riba desa cantidade. Non son suficientes e está por ver que acepten as condicións se o catálogo non inclúe absolutamente todos os títulos que poderían ter en consideración cada vez que mercan un novo libro.

6. Os precedentes da música están sentados e as comparacións son inevitábeis. Difícil me parece que un servizo similar a Spotify funcione cos libros se as condicións económicas e de experiencia de usuario  distan moito das de Spotify.

7. Encantaríame que funcionase. Estou convencida de que a lectura será online ou non será, comezando porque penso a masa crítica de Amazon ten moi pouco futuro como modelo se perfil de usuario estándar. Pero polo momento non o vexo, e non porque me pareza un proxecto errado ou sen folgos, a verdade é que dá gusto escoitar o equipo de 24Symbols, con todas as súas enerxías e as ganas de facer as cousas de xeito diferente. Pero, polas razóns explicadas máis arriba, non o vexo. Como facerse un oco nun mercado cando un dos grupo editoriais en español máis poderosos está detrás de proxectos como o de La Casa del Libro, que quere ofrecer o que chama o seu modelo de subscrición de 10€/mes por ler un só libro ao mes?

Bienvenidos al Dominio Público: Virginia Woolf | Derecho a LEER

Standard

Malia non gardar boas lembranzas da obra de Virgina Woolf, lida hai vinte e tantos anos, que post tan lindo sobre dominio público.

“Las obras maestras no son nacimientos únicos y solitarios, sino que son el resultado de muchos años de pensamiento común, pensados por el conjunto del pueblo, por lo que la experiencia de la masa está detrás de la única voz.” *

mediante Bienvenidos al Dominio Público: Virginia Woolf | Derecho a LEER.

Megaupload 2012: asalto ao tren do futuro – Praza Pública

Standard

Con toda a tea que se leva cortado nas últimas horas a conta do logo de Madrid 2020, case me entran ganas de atacar o tema da propiedade intelectual pegando un salto olímpico, mais vou manter o referente de Megaupload para facelo, tal e como teño pensado desde hai días.

Compartir libros e lecturas no S. XX era un acto consensuadamente positivo, e aínda o é se o propietario do obxecto físico e único se priva do seu uso mentres llo cede a un terceiro. A ausencia dese obxecto, propiciada pola súa configuración dixital, elimina a súa unicidade e, portanto, a limitación da simultaneidade do desfrute. E o consenso rómpese.

Podes ler o artigo completo en Megaupload 2012: asalto ao tren do futuro – Praza Pública.