Interesa pouco o ebook?

Standard

Esta é unha das enquisas do día no Galicia Hoxe. A participación está moito por baixo da media habitual, mais eu non creo que sexa tanto pola falta de interese polos ebooks, como polo desinterese polos lectores de ebooks de tinta electrónica. Polo caros que son, polo pouco versáteis, poque a maioría da xente non quere máis un aparello senón que os que xa ten realicen máis funcións, entre elas, servir como dispositivos de lectura.

Importar contactos a Android

Standard

En Algueirada levamos un par de meses usando móbiles Android e estamos francamente contentos, por esa razón anotarei no blogue de cando en vez sobre as aplicacións que me parecen máis interesantes. Hoxe veño comentar como acabamos de resolver un problema que aínda tiñamos pendente: como importar os contactos dos terminais anteriores aos novos LG cos que andamos a xogar.

Efectivamente existía unha app que permitía importar os contactos desde a SD á memoria do teléfono, pero non estaba no market, así que teremos que dar un paso intermedio.

1.- É preciso instalar desde o market unha app que permita instalar apps que gardemos na SD, porque as obtemos desde o PC. A miña opción para isto é AppsInstaller. Este é o código QR que vos levará directamente á súa páxina no market. Se non usades lector de QR, podedes buscala directamente no Market polo seu nome.

2.- Debedes descargar unha app que non está no market chamada import-contacts.

3.- Agora é preciso copiar esa app na tarxeta SD do teléfono e instalala desde AppsInstaller.

4.- Copiades o cartafol dos contactos na tarxeta SD.

5.- Lanzades a app import-contacts e seguides os pasos que vos vai indicando.

6.- Contactos importados!

Renovarse ou morrer: Boulder

Standard

Boulder está en Colorado. En Boulder hai unha libraría que está a experimentar coa impresión baixo demanda para autores locais. Se unha é unha autora descoñecida de Boulder, pode autoeditar o seu libro e, desde 25$ por un depósito de 5 exemplares na libraría, a 255 $ por que che organicen unha presentación con sinatura, pode promocionar a súa obra. A libraría di que está a facer negocio co servizo, que pode supoñer arredor dun 3% dos ingresos totais.

Boulder Book Store embraces new ‘microdistribution’ model | TeleRead: Bring the E-Books Home.

More in store: campaña de freebies de B&N

Standard

Máis na tenda é a tradución da nova campaña de B&N. Cada 7 días poñen no escaparate novos títulos que poden ser descargados de balde durante 4 semanas. O quid da cuestión é a educación: ofrecen libros con contidos complementarios, extras que non se atopan habitualmente nos PDFs pelados que venden as editoras e as librarías. Así van testando o valor que os clientes dan a cada plus e adestran os usuarios para que se familiaricen coa páxina de B&N.

B&N Introduces More in Store | The Digital Reader.

Precuela de Pride & Prejudice & Zombies

Standard

Para tomarmos nota: en abril de 2009 Qirk Books publica Orgullo y prejuicio y zombis, de Seth Grahame-Smith e Jane Austen (así é como aparece detallada a autoría). Non consigo dar coas cifras de vendas mais foi un libro amplamente publicitado e comentado en todos os medios.

Un ano despois anúnciase a saída da precuela Pride and Prejudice and Zombies: Dawn of the Dreadfuls, asinada por un autor diferente, Steve Hockensmith.

Coautoría? (sic.)Pirateo? Remexido? mashup? Imaxinación? Carencia de imaxinación?

Eis o booktráiler:


New Prequel to Pride & Prejudice & Zombies coming soon | The Digital Reader.

Unha historia de prezos

Standard

Retrocedamos no tempo: Amazon marca a barreira das novidades en 9.99 $. Algunha editora como MacMillan plántalle cara pero Amazon mantén en liñas xerais o seu criterio. Apple anuncia o iPad e pretende fixar o prezo dos libros. Moitas editoras plantan cara a Apple e esta recúa. Amazon vese obrigada a vender libros máis caros: inclúe un novo produto en catálogo chamado libro enriquecido que, no seu caso, inclúe textos alternativos, entrevistas exclusivas cos autores e materiais audiovisuais en xeral.

Libros electrónicos “enriquecidos”, lo nuevo de Amazon | The Inquirer ES.

A USC publicará vinte libros en formato dixital

Standard

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) da Universidade de Santiago (USC), que dirixe Juan Luís Blanco Valdés, vai acometer unha unha decidida aposta polo e-book, o libro electrónico. Actualmente hai unha dialéctica aberta entre o libro impreso e o dixital, pero o director do SPIC ten claro que «hai que ir por aí» para unha serie de publicacións, polo que a USC comezará a edición electrónica con vinte títulos, hai moito tempo xa esgotados, que serán comercializados como libros electrónicos.

víaA USC publicará vinte libros en formato dixital – AGE – Asociación Galega de editores.