Predicións sobre os ebooks

Standard

Michael Serbinis, CEO de Kobo, Fala sobre o ebook en 2010:

1. Ten que haber un lector de $99.

2. Bestsellers a $4.99. Como se experimentará con todos os prezos habidos e por haber, acabarán por ofrecerse tamén a este prezo, inimaxinábel hoxe.

3. Amazon porá á venda o  Super Kindle.

4. Os usuarios compartirán os seus libros con liberdade de copia.

5. Venderanse máis de 15 millóns de ereaders. Aparecerán novos provedores que restarán cota a Amazon e a Sony.

6. En 2015, un mínimo do 50% das vendas de ebooks provirán de empresas que a día de hoxe non venden libros de papel.

7. COntinúa a lea do Book Settlement.

8. No futuro veremos 2009 como o ano do cénit do bestseller de papel.

víaCEO of Kobo makes predictions for ebooks in 2010 | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Nova colección de libros para o iPhone

Standard

Commutabooks é unha editora de libros que aparentemente non ten páxina web e que se venden para o iPhone a través da tenda de Apple. Prometen lecturas breves, poesía e prosa, axeitadas para ler na pantalla do teléfono, e acompañadas de arquivos de audio, por menos de 2 €.

víaShort stories publisher launches | theBookseller.com.

Máis e mellores libros para Europeana

Standard

Europeana, a anunciada como gran biblioteca dixital europea, non vai á velocidade que debería; esta é a reclamación dun grupo de representantes no Parlamento Europeo, que demanda máis libros, mapas, clips de vídeo e fotografías para o portal e de máis países que os participantes até agora.

Europeana contén só un 5% de libros electrónicos, case o 50% dos cales provén de Francia, o 16% de Alemania e o 8% do Reino Unido e de Holanda.

O informe presentado por este comité fai fincapé no interese por evitar o baleiro de coñecemento entre Europa e o resto do mundo, en particular cos EUA.

víaMembers of European Parliament call for more and better content on Europeana | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Copyright, DRM e pirataría: termos recorrentes no TOC

Standard

Rescato algunhas das ideas que me parecen máis salientábeis da reseña de The Bookseller:

-Necesidade de ter presentes en todo momento as leccións aprendidas da industria musical e da dos primeiros ebooks.

-O TOC, organizado por O’Reilly, congregou máis de 100 persoas durante 3 días para falar do negocio da creación e da distribución de contidos na rede.

-William Patry, de Google: as leis non son solución para o negocio; só deberían usarse para resolver problemas unicamente legais. A ley do copyright converteuse nun modo de muxir unha vaca que etaba a ficar sen leite. Demasiada xente confía no copyright como o seu plan de negocio.

-Kirk Biglione: os litixios non pararán o futuro.

-Dominique Raccah: contra o que se diga, durante a primeira metade de 2009, a venda de CDs aínda importou o 65% do negocio de venda de música. A lección é que o mercado de masas desponde máis lentamente do que pensamos, os intermediarios aínda serán unha parte importante do mercado no futuro.

-A reproducción non oficial de contidos está focalizada en pequenas e escasas células, iso pode querer dicir que o público está disposto a pagar polo que ten un valor.

-O’Reilly vende contidos sen DRM e asegura que a terza parte do seu catálogo non está distribuído á marxe das canles oficiais.

-O DRM non ten impacto sobre a “pirataría” senón sobre o comportamento dos lectores, que en moitas ocasións renuncian a mercar libros con DRM polos problemas relacionados co formato que lles van presentar.

-Un ePub con DRM non e un ePub. Os libros libres de DRM son a única alternativa economicamente viábel.

Copyright, piracy and anti-DRM dominate Tools of Change | theBookseller.com.

Enquisa sobre libro electrónico

Standard

Sobre 44.000 participantes

Razón nº 1 para mercar ebooks: por aforrar.

O 34% adquiriu i seu primeiro ebook nos últimos 6 meses.

Os compradores de ebooks compran menos papel agora.

O 47% read ebooks no ordenador, o 32% no Kindle, o 11% no iPhone, o 10% no iPod Touch, o 9% na Blackberry, o% no netbook, o 8% no Nook, o 8% no Sony Reader, o 13% noutros.

O 50% merca exclusivamente ebooks.

Ao preguntar polo que faría aceptábel subir o prezo dun ebook, as respostas céntranse maioritariamente nas utilidades sociais.

O mellor dos ebooks é o prezo reducido e a dispoñibilidade de materiais promocionais.

De se demorar a saída das novidades en ebook varios meses a respecto das versións en papel, o 30% di que non está certo de que agardaría até a saída do ebook, o 32% non poría problemas á demora e o 25% afirma que mercaría a versión en papel directamente.

Canto a se a inclusión de DRM faría desistir da compra dun título, o 42% non o ten claro, o 29% afirma que o mercaría igualmente e outro 29% di que non o mercaría.

víaTOC Report: Results of Book Industry Study Group consumer survey | TeleRead: Bring the E-Books Home.

A obra gráfica de Castelao estará accesible para a comunidade internauta de todo o mundo

Standard

“O labor do padroado, que non se centrou unicamente en escanear e clasificar senón tamén en atopar até o último debuxo do artista e político rianxeiro, algún case que perdido no eido da emigración, desenvolveuse ao longo de 25 anos e, segundo se conta na web Xornal.com, poderá ser visto nas webs da Fundación e do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.”

víaA obra gráfica de Castelao estará accesible para a comunidade internauta de todo o mundo – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

Notas sobre a TOC Conference

Standard

Skip Prichard, President e CEO de Ingram Content Group.

Os negocios non teñen o dereito fundamental de sobrevivir, e iso tamén afecta ás editoras. As editoras deben centrarse nos contidos innovadores. O papel e o dixital vanse fundir nun só camiño e así o como o verá a próxima xeración. A rapazada pasa 7,5 h ao día diante dunha pantalla e a industria debe recoñecer isto.

A industria debe simplificar, xa pasaron os días de ocuparse de todo. Hai que atopar algo que faga a túa empresa única. A industria debe conectar cos seus clientes. Para iso é importante identificalos.

A industria debe romper cos modelos tradicionais, con demasiadas limitacións autimpostas. Aos novos axentes non lles importa como se facían as cousas no pasado.

TOC Report: Is the ebook dead? | TeleRead: Bring the E-Books Home.

O ebook sobre, o papel baixa

Standard

O mercado do ebook aumenta un 176% nos EUA. Pola contra, o libro de papel acusa un lixeiro descenso, que se concreta nunha baixada nas vendas de edicións de peto e de libro infantil de capa dura, contrarrestada por un aumento nas edicións de capa dura para adultos e nas edicións de peto infantís.

víaE-book sales climb 176% in US, doubling market share | theBookseller.com.