A plataforma francesa non conta coas librarías

Standard

“Arnaud Nourry, presidente y director general de Hachette Livre (del grupo Lagardère), ha hecho un llamamientoa las editorialies francesas a unirse y formar una única plataforma de distribución de libros digitales. Aquí podréis leer toda la entrevista concedida al diario Le Figaro (18/1/2010).

La plataforma estaría formada por las distribuidoras Numilog (que pertenece a Hachette Livre desde mayo de 2008, como explica de maig de 2008, com explicamos en este post), Eden-Livres (plataforma conjunta creada por Flammarion, Gallimard y La Martinière) e e-Plateforme (de Editis y Media Participations), que generan las tres juntas el 80% de los libros en lengua francesa.  La nueva plataforma, que podría ponerse en marcha en tres meses, estaría abierta a otras editoriales, pero no a las librerías, aunque podría revender directamente a Amazon y a Google, siempre y cuando se respeten los precios fijados por los editores.

En estos momentos en Francia hay 25.000 libros digitalizados frente a los 350.000 que hay en los Estados Unidos, y Nourry piensa que en un año y medio la ola digitalizadora podría llegar a Francia.”

víaBEAT Internacional » Blog Archive » Hachette Livre hace un llamamiento para crear una plataforma única de distribución de libros digitales en Francia.

iPad: ePubs con DRM?

Standard

Parece ser que si. Os libros para o iPad virán “protexidos” con DRM e (até que non se diga o contrario) non poderán ser lidos por outros dispositivos.

“It looks like Apple is continuing to impose restrictions on their devices that limit both content publishers and consumers. Unlike many other ebook readers using the ePub file format, consumers will not be able to access ePub content with Apple’s DRM technology on devices made by other manufacturers.”

víaiPad adds to the DRM mess? Apple ebook DRM exclusive to Apple hardware | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Ebooks e marketing

Standard

Segundo o marketing actual, é preciso regalar para vender. Reparemos en que as modas/tendencias mudan, que hai só un par de anos había moita xente convencida de que todo na rede debería ser de balde. Agora falamos de regalar para vender, o mesmiño que levan facendo todas as industrias ofrecendo mostras á clientela para que probe o produto e decida mercalo.

Entre os consellos que propón Joe Wiker está regalar o primeiro libro e cobrar un pouco máis polos seguintes (non me parece moi convincente este consello), integrar publicidade dentro do libro (pode funcionar pero ten que desenvolverse un bocado máis o medio, penso), ofrecer o libro de balde durante un tempo limitado e promover a lectura social.

O último punto é o que merece maior atención para min. A lectura foi social durante moitos séculos e as redes facilitan que o sexa moito máis. Tanto se se parte de redes dedicadas, como de redes mainstream non especializadas, creo que o boca a boca terá cada vez máis relevancia á hora de un libro funcionar ou non.

Como se comenta ao final do artigo, a aposta de Amazon consiste en reducir os prezos dos libros en papel como estratexia de popularización, mais sen engadirlles ningún valor novo. Non é a única posibilidade, ben Apple, ben algún outro xigante optarán por se asentaren como verdadeiros editores, seleccionando calidade entre a cantidade e engadindo novos valores aos novos conceptos de libro que vaian creando.

Joe Wikerts Publishing 2020 Blog: Adding the Word “Free” to Your Marketing Dictionary.

Google Books espílese

Standard

Google Books vén de engadir novas funcionalidades previas ao servizo de venda, que permiten saber a orientación do seu modelo de negocio: procuras por categorías de libros e revistas, así como sección de biblioteca persoal onde o usuario pode claasificar as súas lecturas, que poden ser públicas e privadas. O camiño cara á lectura social máis próximo.

Peter Scott’s Library Blog: New features for Google Books.

Ipad de Apple: malas e boas noticias

Standard

Por fin, logo de moitos días de rumores e disques, onte foi presentado o novo boom de Apple. Entre as malas noticias eu destacaría que a versión 3g -a que permite inserirlle tarxetas SIM e, por tanto, falar por telefono- pasa dos 600 $; ademais a súa autonomía está no mellor dos casos arredor das 10 horas, pesa máis de 600 gramos, non ten portos USB e a conexión con cámaras fotográficas precisa un kit que se vende por separado; e para rematar, non ten webcam.

As boas noticias son que, se conseguen que se popularice, como antes fixeron co iPod e o iPhone e coa venda de cancións a través de iTunes, o mercado de ebooks crecerá a maior velocidade do que o está a facer actualmente. Onte dabamos a noticia de que Apple andaba a axustar prezos coas editoras para que o prezo final dos ebooks non pase dos 13 $, o que reforzaría a intención de Amazon aumentando a competencia e o desenvolvemento do mercado.

(Pero eu non o penso mercar)

Apple presenta oficialmente o seu iPad – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

2EPUB: conversor a ePub online

Standard

2EPUB é un servizo online de conversión de arquivos de texto en diferentes formatos, non só paa epub. Polo cque se di nos comentarios dos lectores de TeleRead, 2EPUB é en realidade unha xanela online onde poder converter arquivos a través do Calibre, mais contando só con algunhas das súas opcións.

2EPUB, free online Epub converter – anyone use it? | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Harper Collins: rede xuvenil de escritores

Standard

Que fantástica idea! A finais de 2009 puxeron en marcha unha rede xuvenil de escritores que acumula xa 10.000 autores novos e uns 11.000 manuscritos de todos os xéneros. Os máis populares de cada mes reciben asesoramento literario e teñen a posibilidade de que a editora se interese por algún dos seus textos.

BEAT Internacional » Blog Archive » Inkpop, una plataforma de escritura interactiva para adolescentes.

Problemas de formato

Standard

Liza Daly, unha autoridade en ebooks, explica para TeleRead os maiores problemas que os lectores atopan ao mercar ebooks:

-Portadas sen imaxe (acabo de ler noutro lugar que isto se debe a que normalmente a editora non posúe os dereitos)

-Páxinas en branco.

-Información sobre copyright irrelevante.

-ISBNs erróneos.

-Outros contidos irrelevantes como toas de contidos.

-Saltos de páxina con erros.

Liza afiram que en moitas ocasións as versións non oficiais son moito mellores que as oficiais.

víaSloppy formatting in ebooks: Liza Daly speaks out at Digital Book World | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Ebooks de Apple, boas noticias

Standard

Segundo apareceu onte no Wall Street Journal, as editoras permitirán que Apple venda as súas novidades entre $14.99 e $12.99, o que vén sendo practicamente un 50% do prezo en papel. A decisión podería estar motivada por un interese das editoras de reducir o protagonismo de Amazon no mercado do virtual e promover a competencia, o que lles permitiría poder xogar con máis fichas.

vía$14.99 for an ebook? Awesome! « Nates Ebook News.