Juan Varela sobre o ebook

Standard

Artículo de Juan Varela autor del blog periodista.com

Los e-book serán una de las estrellas de la navidad. El libro digital arranca tras mucha expectación y poca realidad. Los editores están aferrados a su negocio, temen la piratería y las peticiones de los escritores para aumentar sus derechos de autor. Mientras en Estados Unidos las grandes librerías y buena parte de las editoriales se han lanzado al mercado digital, en España los libros siguen siendo de papel. Y el acceso digital a las bibliotecas, todavía bajísimo.

Cultura rebaja el IVA de los e-book al 4%, el mismo del papel, y cumple una recomendación europea. Al tiempo presenta Enclave, un proyecto que convierte a la Biblioteca Nacional en un portal para la venta de libros online. Desde la Biblioteca Digital Hispánica se pueden comprar ya 629 títulos de 90 editoriales. La mayoría caros y poco atractivos. Pero el Gobierno ha preferido gastar 410.000 euros de dinero de todos en promover el negocio privado en lugar de digitalizar obras de dominio público, lograr un acuerdo sobre obras huérfanas –sin derechos de autor conocidos– y descatalogadas o lanzar un sistema de préstamo digital.

Francia frena el plan de Google de digitalización de libros con una condena por “falsificación de derechos de autor”. Google Books tendrá que dejar de incluir libros franceses en los más de diez millones de títulos ya digitalizados. Su pecado es escanear obras para su buscador y que puedan ser compradas desde sus páginas. Google incluye las obras huérfanas y las descatalogadas. Una iniciativa que muchos consideran monopolística porque el gran buscador se convertiría en comercializador de esas obras gracias a un acuerdo con los editores, todavía a examen judicial en EEUU.

Francia alardea de una batalla ganada y el presidente Sarkozy anuncia más dinero para digitalizar su cultura. Lo mismo se espera en Alemania. En España, por ahora, los editores practican el tancredismo y parecen inclinados a aceptar el trato de 60 dólares por obra digitalizada y el 63% de los beneficios. La Comisión Europea apoya el acuerdo, harta del bloqueo a la digitalización. Por eso ha puesto la revisión de los derechos de autor de los libros entre las prioridades digitales de los próximos años.

Sólo un 1% de las obras de las bibliotecas públicas europeas están digitalizadas y la oferta de e-book es escasísima. En Europeana, la biblioteca europea, un 47% de las obras son francesas. Sólo el 0,6% son españolas, muy por debajo de países como Finlandia, Suecia, Grecia o Eslovenia. Zapatero tendrá que arrear si quiere convertirse en campeón de la nueva economía en su presidencia europea. Y los poderosos editores españoles deben decidir si su enorme negocio se sostendrá en el futuro o compraremos e-book en las librerías extranjeras.”

El papel atenaza al ‘e-book’ « Libros & Tecnologia.

ACCESS crea app de lectura de ePubs

Standard

Entre os usuarios do navegador NetFront podería ser a app de lectura maioritaria e, á súa vez, dirixir novos usuarios para o navegador.

víaACCESS Creates ePub eBook Software « The eBook Test.

Google Books e DRM

Standard

Google anuncia que aceptará ebooks con DRM entre os formatos que distribuirá.

Official format and DRM info from Google Editions, an Amazon competitor | TeleRead: Bring the E-Books Home.

A info na rede e a voz de Walt Whitman

Standard

America recitado por Walt Whitman

“Centre of equal daughters, equal sons,
All, all alike endear’d, grown, ungrown, young or old,
Strong, ample, fair, enduring, capable, rich,
Perennial with the Earth, with Freedom, Law and Love,”

1.- Vexo nun blogue que agora  xa perdín un vídeo en Youtube dun anuncio de Levis que usa a voz de Whitman para caracterizar os usuarios obxectivo da marca de roupa.

2.- Procuro máis vídeos en Youtube sobre Whitman e descubro que hai animacións de irregular calidade sobre fotos súas ás que se engade o recitado de voces que nada teñen a ver con Whitman.

3.- Descubro en Youtube unha gravación da voz de Whitman, a mesma do anuncio, onde informan que procede dun rolo de cera.

4.- Como xa me pica a curiosidade procuro algunha páxina aparentemente seria de estudos ou recompilación de materiais de e sobre Whitman e dou co Arquivo Whitman, onde descargo o MP3 cos 36” atribuídos a Whitman a ler 4 versos do seu poema América e tamén a foto que vou utilizar.

5.- Procuro o texto do poema.

6.- E subo todo ao blogue e fago esta anotación.

Por certo,  poden atopar Canto de min mesmo de Walt Whitman editado en Positivas

10 predicións para o ebook en 2010

Standard

1.- A tinta electrónica abaratarase e compartirá mercado con dispositivos duais, LCD e OLED.

2.- A lectura entrará nos móbiles e netbooks con pantallas duais.

3.- As aplicacións levarán a lectura a dispositivos aparentemente non concibidos con ese fin como as consolas.

4.- Tamén aparecerán aplicacións para os lectores de ebooks.

5.- Amazon comezará a vender novos modelos de lectores con pantalla táctil, a cores, con pantallas flexíbeis.

6.- B&N restará mercado a Amazon e a Sony, aínda que Amazon manterá o primeiro posto.

7.- As vendas de contidos importarán 500 millóns de dólares nos EUA.

8.- Os ebooks de texto serán máis accesíbeis, mais as vendas serán aínda modestas. 2010 non será o seu ano.

9.- Revistas e xornais lanzarán os seus propios aplicacións e dispositivos.

10.- China, India, os EUA e a UE impulsarán un crecemento global pero o maior mercado continuará a ser o mercado estadounidense.

Ten Predictions For The E-Reader/E-Book Market In 2010 | paidContent .

Candace Sams non leva ben as críticas

Standard

Un comentario negativo dun lector sobre o seu libro “Electra Galaxy’s Mr Interstellar Feller” animouna a responder e orixinou un fío de máis de 400 comentarios. Ela rexeita a responsabilidade que se lle quere atribuír sobre o texto da súa autoría aducindo que o autor ten escaso control do texto final, no que os editores tenden a mudar expresións, diálogos e mesmo a secuenciación das escenas, en particular no que se refire a escenas de amor e de violencia.

Sams ameaza con informar o FBI de calquera actitude negativa agresiva que se manifeste sobre a súa obra.

O que máis me chama a atención é que a protagonista desta historia non oriente a súa furia e as súas queixas contra Amazon directamente, como cabería esperar nun momento de rabia.

víaAuthor will go to authorities over negative reviews on Amazon | theBookseller.com.

Jane, de Dear Author, sobre modelos de negocio

Standard

Tradución libre das partes do texto que me parecen máis interesantes:

Primeiro as súas convicións:

-O sistema de adiantos contra royalties xa non se sostén.

-Unha industria editorial forte é boa para o lector.

-Escribir é un acto creativo, vender é negocio.

Jane defende modelos alternativos de negocio porque cre que a democratización do acceso á distribución pode crear modelos de negocio sustentábeis para todo tipo de autores.

Con editoras como Random House a reclamar dereitos dixitais con carácter retroactivo o panorama está a mudar. Os autores están a asinar contratos de libros que sairán en dous ou tres anos, así que paga a pena botar unha ollada ao que se albisca xa.

  1. Sistema de adiantos por dereitos
  2. Edición dixital
  3. Empresas de servizos de edición
  4. Autoedición

Adianto por dereitos

O editor pagaba un adianto ao autor en función das vendas estimadas, que podía chegar a un 94% do beneficio xerado pola propiedade intelectual do autor. O autor recibe unha cantidade situada entre os 1.000 $ e varios millóns por libro mais a promesa de que tamén recibirá entre o 6% e o 15% dos ingresos por riba das vendas estimadas a priori. E ao final o autor pode que non reciba máis que o 6% dos ingresos xerados polo libro.

Edición dixital

O modelo actual contempla porcentaxes superiores para o autor, a maioría entre o 30% e o 40%.

Empresas de servizos de edición

Estas vanse multiplicar con rapidez cando aínda se democratice máis o acceso á distribución. O autor paga só polos servizos que contrata, o que pode chegar até un 50& aproximadamente e debe adiantar diñeiro.

Autoedición

O autor conserva a totalidade dos beneficios xerados pola venda do libro mais ás veces vese na obriga de contratar determinados servizos, como o deseño da cuberta, por exemplo.

A diferenza entre os catro modelos está no risco que o autor está disposto a asumir en función da porcentaxe de beneficio que queira asegurarse.

Como a maioría das vendas está aínda no mercado físico, ese é o de menor risco pero a situación está a mudar.

Durante 2008, polo menos o 24% das vendas de libro físico foron formalizadas online. Estase chegando a un punto en que os adiantos son cantidades tan pequenas que moitos autores están a ter en consideración outros modelos de publicación porque a tecnoloxía de impresión baixo demanda encaixa perfectamente coa venda online.

Os autores que desexen vivir do que escriben deberían cuestionarse se realmente paga a pena acabar renunciando até ao 96% dos ingresos xerados pola súa propiedade intelectual.

A autoedición que non supoña un custo inicial para o autor pode substituír o modelo actual de adiantos unha vez que o mercado dixital supoña polo menos un 35% do mercado xeral do libro. É normal que as editoras estean a experimentar con diferentes modelos para que o negocio se prepare para adaptarse a un mercado en fase de cambio. A edición non bai desaparecer pero vai mudar moito nun prazo de só cinco anos.

A desaparición da necesidade da tenda e o obxecto físicos, abre novas posibilidades para escritores que queiran vivir do que escriben. Os autores deste grupo deberán formarse no novo negocio e coñecer ben os riscos que corren, para poderen asumir os que consideren oportunos.

Unha potente e nova industria editorial se aproxima, preparada para os nichos e para os mercados de masas.

Publishing Business Models | Dear Author: Romance Novel Reviews, Industry News, and Commentary.