As bibliotecas poderían ser motor do libro electrónico – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia

Standard

“Precisamente os editores serán chave na evolución das bibliotecas, pois en varios casos están a negar a posibilidade de que os seus e-books poidan emprestarse (lembremos que o Nook de Barnes & Noble tamén permite a opción de deixar textos aos amigos durante un período de 14 días, e B&N tivo que precisar que tal funcionalidade non é universal).”

Esa é unha das preguntas que me fago ultimamente, as bibliotecas serán o motor do libro electrónico ou simplemente irán desaparecendo ao ir perdendo usuarios se non acceden elas á distribución de balde do libro electrónico?

Ten sentido limitar o uso dun produto que é reproducíbel a custo cero? Ten sentido manter o concepto de biblioteca do S. XX, que vén sendo similar, creo eu, á do S. XIX, para o S. XXI? Sinceramente, aínda non o sei.

As bibliotecas poderían ser motor do libro electrónico – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

Consumo a piques de emprender demanda contra Amazon

Standard

É Noruega o primeiro país europeo que está a pensar en demandar Amazon por violación dos dereitos do consumidor, como xa fixera coa iTunes Store.

  • Porque os libros de Amazon só poden lerse “oficialmente” no Kindle.
  • Porque Amazon se reserva o dereito de mudar unilateralmente as condicións do contrato.
  • Porque os teus libros voarán como Amazon te pille facendo o que disque non debes.

John Einar Sandvand, autor de BetaTales, pensa que só é cuestión de tempo que Amazon abra o seu formato e retire certas cláusulas do contrato que asina cos clientes. Di que está a situarse como provedor preferente no mercado mundial aproveitando a falta temporal de competencia.

Os gobernantes defenden editoras e escritores contra Google Books. Quen nos defende a nós como aos noruegueses?

BetaTales

TeleRead: Bring the E-Books Home.

Estatísticas interesantes de Wattpad

Standard

Wattpad pasa por ser club de lectura máis grande da rede, onde os escritores poden subir os seus textos de todo tipo e estes seren descargados, lidos online e comentados pola comunidade de usuarios rexistrados. Ademais ofrecen aplicacións para móbiles desde as que se accede a contidos especialmente pensados para atopar algo que facer en momentos de espera. Máis de 4.000.000 de descargan dan testemuño de que é un sistema que funciona pero, que podemos atopar realmente?

A percepción será moi diferente dependendo das linguas que manexemos: se escollemos o inglés veremos que efectivamente a oferta é a prometida na presentación do servizo, textos de extensións diversas e diversos xéneros subidos por autores novos que procuran feedback e unha posibilidade entre un millón de que a súa obra guste a moitos e poida chegar a constituírse nun fenómeno viral -estaba tentada a dicir que o que desexan eses autores é chegar a ser editados en papel pero cada vez estou menos convencida diso, non tanta xente ten por que ser tan conservadora-. Mais, que atopamos cando buscamos títulos en castelán?

Aquí si que debo dicir que atopei hai tempo o que esperaba: todos os best sellers de moda, novela histórica de todo tipo, os títulos máis famosos que ocupan os primeiros postos das listas de máis vendidos, libros que se poden ler enteiros online ou descargar a calquera dispositivo e moitos comentarios e recensións sobre eles. E se a maioría dos libros en calquera lingua está sempre por baixo da barreira das 1.000 lecturas e descargas, con estes Wattpad rompe todas as estatísticas porque hai títulos con máis de 30.000 lectores asociados. Si, 30.000. De verdade que non sería como para pensar nun sistema de subscrición barata que ofrecese algo máis que Wattpad e que poidese constituír un modelo de negocio?

É o de sempre, o que poida facerse, farase, aínda que non acreditemos.

E agora algúns datos estatísticos de Wattpad referidos ao 3º cuadrimestre de 2009 en relación ao 2º do mesmo ano:

-O 42% do consumo móbil de ebooks diríxese ao iPhone, cunha subida do 11%. Blackberry sobe o 160%.

-Aumenta nun 40% a lectura de ebooks no PC e os lectores dedican máis tempo a ler, tempo que normalmente dividen en dúas sesións diarias.

víaWattpad’s Q3 2009 Global Ebooks Metrics Report released | TeleRead: Bring the E-Books Home.

O Nook de Barnes & Noble en cifras

Standard

Non coñecemos o número de Nooks reservados até o momento, mais o 30 de novembro comezarán a ser enviados aos seus compradores e B&N espera distribuir uns 900.000 na campaña de Nadal.

Onte lin que en España se esperaba vender entre 50.000 e 70.000 lectores de libros. Non me parece que acaben de casar os dous datos, ou, máis ben, as dúas expectativas.

Nook becomes fastest selling product at B&N | theBookseller.com.

As grandes editoras frean o Nook

Standard

Xa son un grupo as grandes editoras que frearon a intención inicial de B&N de permitir partillar os libros indefinidamente. O permiso actual comprende o préstamo de dispositivo a dispositivo durante 14 días, despois dos cales xa non será posíbel transferir o arquivo a outro aparello. Aos editores segue a parecerlles un esgoto por onde poden deixar de vender moitos exemplares, ao tempo que loitan por asignar aos ebooks un prezo superior ao desexábel polas librarías.

Publishers crippled the Nook? Don’t like the lending feature | TeleRead: Bring the E-Books Home.