Nin de política, nin de fútbol nin de relixión

Standard

O pelacho acaba de cumprir 9 anos e ten algunhas ideas bastante claras polo momento. O luns pasado foi co seu pai á presentación do libro 10 experimentos con pelos, que edita a nosa amiga Nati. Unha adulta preguntoulle como se chamaba e díxolle:

-Pues yo me llamo Laura y estoy de santo porque hoy es el día de los arcángeles, así que tú también estás de santo.

-Es que yo no soy religioso.

-Pero aun así te pueden interesar estas cosas.

-Es que yo me río en la cara de Dios.

-Pues si te crees que te voy a reír la gracia estás muy equivocado.

De volta na casa dixémoslle que nos parecera unha saída moi simpática pero que hai xente relixiosa que se ofende cando non se toman en serio as súas crenzas. Tamén lle dixemos que ás veces pagaba a pena non irritar os demais, aínda que algunhas persoas non se molestasen en facer o mesmo, con máis frecuencia os relixiosos que os ateos, e que en certos temas podía resultar máis cómodo non entrar en moitos detalles con xente que non coñecemos demasiado.

Desarrolladores de Android dicen «adiós» a Google | Microsiervos Ordenadores

Standard

“El culebrón se inició a finales de la semana pasada, cuando Google se puso en plan matón de barrio con CyanogenMod, una versión del sistema operativo para teléfonos Android que mejora el rendimiento en algunos teléfonos HTC e incluye funcionalidades que no se encuentran en la versión original desarrollada por Google. Lo que ocurrió está recogido en Cuando el software libre no es tan libre: Google contra CyanogenMod.”

Un dos lemas de Google é que a técnoloxía non debe ser un atranco para o usuario e para iso están eles. Mais, como se di en Matrix sobre os sotos de Sión, ninguén se ocupa deles agás cando hai algún problema. Neo gosta de baixar ás máquinas para saber como funciona todo. Deberiamos ter iso en mente.

víaDesarrolladores de Android dicen «adiós» a Google | Microsiervos Ordenadores.

Acordo entre a Sony eBook Store e Smashwords e Author Solutions

Standard

Sonuy segue a tentar facer chegar unha oferta de libros potente aos usuarios do seu dispositivo de lectura. Grazas a este acordo os autores derectamente ou as pequenas editoras poden publicar as súas obras e poñelas á venda a través da libraría de Sony en só 10 días. Do mesmo modo, Author Solutions e Smashwords colocarán todos os titulos dos seus propios autores na tenda de Sony, quen se encargará da conversión dos arquivos ao formato ePub.

Non estamos a falar de socios cativos, Author Solutions (ASI) publica 20.000 novos títulos cada ano.

víaSony eBook Store opens up to writers carried by Smashwords and Author Solutions, Inc.: ePub to be used | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Os libros de Walt Disney por subscrición

Standard

Por 8,95 $ ao mes -curiosamente un dollar menos que o prezo habitual dos ebooks nos EUA- Walt Disney ofrece acesso vía web a 500 títulos dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os usuarios poden ler os textos online e tamén facer que unha voz os lea por eles.

Walt Disney vende actualmente 250 millóns de libros ao ano e quere apostar forte pola opción de reforzar a súa web, dado que considera que os dispositivos electrónicos de lectura carecen aínda de moitas funcionalidades que eles esixen. Portátiles e móbiles serán portanto os soportes usados por Disney para vender os seus libros durante os próximos anos. Máis unha multinacional que se suma á oferta de contidos por subscrición como alternativa ao pagamento por cada arquivo descargado.

Kids’ e-book subscription plan from Disney | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Primeira demanda cuantificada contra Google Books

Standard

O grupo francés La Martinière reclama a Google 13.800.000 € por dixitalización de libros con copyright sen autorización, unha multa de 100.000 € diarios e 3 millóns máis por danos de imaxe. O xuíz francés comezará a falar a partir do 18 de decembro. Comeza o espectáculo. Admítense apostas.

víaFrench publisher sues Google; specifies damages | TeleRead: Bring the E-Books Home.

Wattpad apoia o ePub

Standard

Había tempo que non entraba en Wattpad, un gran club de lectura con libros en moitas linguas. Alí os autores poden subir sempre as súa propias obras e fomentar a conversa. Os lectores len online e teñen unha aplicación para móbiles. Botando unha ollada aos libros publicados en castelán, a que non adiviñades o que podedes atopar? Por suposto, acertastes: un bo número de bestsellers completos e amplamente comentados polos lectores. Los hombres que no amaban a las mujeres ten só en Wattpad 14.500 seguidores a faceren lectura social.

Wattpad goes with EPUB | TeleRead: Bring the E-Books Home.

O Kindle decepciona en Princeton

Standard

Dificultades para marcar texto e realizar anotacións, o paxinado non coincide nin de lonxe co das versións en papel… E todo isto en só dúas semanas de uso. A min tampouco me convence mais non me atrevía a dicilo tan claramente sen probalo.

Kindle DX called “poor excuse of an academic tool” in Princeton pilot program | de mares, portos e portas.