Twitter

Standard

Decidido, volvo a Twitter. E de paso vou recuperar o clube de lectura lg_lemos galego. Se alguén está interesado en unirse á lectura comentada de libro galego pode engadir o usuario la_lemosgalego aos seus amigos. Cando comentedes ou recomendedes un libro debedes comezar o twit con #lg seguido dun espazo.

Se queredes ter á vista nunha soa páxina todos os twits dos vosos amigos, podedes usar un servizo como TwitHive onde podedes activar varias contas e escoller o usuario desde o que twiteades, se tedes varios, ou crear fíos por RSS con palabras clave ou grupos de amigos, para velos por separado, cada un noa súa xanela. Por exemplo: se creades un grupo coa palabra clave #lg, veredes nunha columna todos os twits do clube de lectura.

Máis sobre o informe Robson

Standard

Por engadir algo máis ao tema da última anotación, vou comentar os puntos do informe sobre os que non vin nada escrito nas fontes consultadas.
Robson di que os seus colegas adolescentes non len xornais en papel de pago pero si os de balde e ultimamente The Sun, que rebaixou o seu prezo considerabelmente.
Os adolescentes e as adolescentes están en contra dos contidos de pago e da publicidade nos contidos de balde. Non teñen problemas de conciencia para descargar música e xogos para o PC, porque consideran que facelo para as consolas é practicamente imposíbel. Esta última afirmación sorpréndemos moitísimo, porque non é acertada e porque me estraña o erro sexa por descoñecemento, a non ser que pasen realmente pouco tempo diante da pantalla ou, que o tempo que botan ao día no ordenador, prefiran dedicalo á comunicación nas redes que á procura de xogos para a Wii.
Cando se comenta nos medios que rexeitan Twitter explícase que o fan porque actualizar Twitter desde o móbil custa cartos e ninguén vai ver o seu perfil. O que se di exactamente no informe, moi diferente, é que para iso xa teñen o Facebook, onde están todos os seus amigos, que si ven as súas actualizacións, aínda que lles custen cartos, como as de Twitter. Só usarían Twitter se os seus amigos tamén o fixesen, mais os seus amigos están en Facebook todos xa, portanto non precisan máis unha canle polo de agora.
Os adolescentes gostan do márqueting viral porque é, máis unha vez, un xogo social mais teñen unha actitude moi activa en contra dos banners en todas as súas variedades.
Tamén non teñen interese pola publicidade nas rúas do mundo real porque normalmente non vai dirixida a eles, mais si se interesan por campañas atrevidas que utilizan os soportes tradicionais de maneira transgresora.
Gostan de ir ao cinema, moitas veces sen decidir previamente o filme porque sosteñen que ir ao cinema é máis a experiencia social de novo, que ver un filme en particular. Disque moitos son reacios a descargar filmes da rede polo medo aos virus, isto tamén me choca un pouco.
Alén dos poucos que posúen un iPod, o seu trebello cotián é o móbil. Normalmente de gama media, debido ao aínda alto prezo dos smartphones máis cucos.
Renovan o móbil cada dous anos, así que se teñen agora o da xeración anterior ao meu actual, tocaralles mudar maioritariamente en 2010, o ano da popularización das conexións móbiles de datos. Imaxino que será habitual a tarifa única para voz e datos, aínda que con restricións e suplementos.
Na casa case todos dispoñen dun PC básico con conexión a internet, unha tele, e unha consola de non máis de 2 anos.
E que desexan? Pantallas táctiles, un smartphone ou in iPhone con conexión de datos e grandes pantallas.
Non queren cables, nin móbiles que só sirvan para falar nin aparellos con menos de 10 horas de autonomía.

Un informe sobre os adolescentes británicos reflicte o seu afastamento dos medios de comunicación tradicionais – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia

Standard

É interesante o informe mais mudará substancialmente a situación no próximo ano, en canto a rapazada teña conexión de datos no móbil. Por certo, Código Cero é a única fonte, das 15 que consultei para ler sobre esta noticia, que ofrece a ligazón de descarga para o informe.

“A firma Morgan Stanley aproveitou que contaba co mozo de 15 anos Matthew Robson coma bolseiro para pedirlle que elabore un informe sobre os hábitos dos mozos da súa idade (descargable en formato PDF), que achegou unha serie de datos que consideraron tan importantes como para publicalos, pese a que non gozan de rigor estatístico.”

vía Código Cero

Vídeo filtrado del teléfono LG Black Chocolate | The Inquirer ES

Standard

Teño claro que entre un lector de e-books de 6″ e un móbil de 4″ prefiro este último. A ver con que sistema operativo sae.

“LG Electronics está preparando un magnífico smartphone que integrará una pantalla tácnil de 4 pulgadas y resolución ultrapanorámica, 21:9. Es el LG Black Chocolate y de momento conocemos más características gracias al vídeo filtrado en la Red de Redes.””

vía The Inquirer ES.

Escolas filosóficas

Standard

Acabamos de voltar de pasar uns días de cámping en Portugal. Ao pelacho pouco lle vimos o pelo porque andou todo o tempo á vontade cos seus amigos portugueses. A pelacha fixo un amigo inolvidábel, Iván. Correron e xogaron xuntos entre gargalladas e aloumiños intermineis. A pelacha agarrábao con frecuencia e lembráballe o simpático que lle parecía. Nunha das carreiras o Iván afociñou mais xa recuperara o pé cando a amiga chegou para o valer.

Iván: No te preocupes, a veces, para conseguir algunas cosas, debemos hacer sacrificios.

Pelacha: Sí, pero lo más importante es pensar en el amor. Debes pensar siempre en el amor para ser feliz.

Iván: Pues yo ahora estaba pensando en los Jedi y era feliz.

A pelacha soltou unha risotada e máis tarde díxome confidencialmente: Antes Iván dixo que el estaba pensando nos Jedi e era feliz pero el estaba pensando nas dúas cousas, nos Jedi pero tamén no amor sen darse conta, e por iso era feliz.