Votación e participación en Facebook

Standard

Nº de usuarios/as: 60.000.000
Nº usuarios/as que votaron sobre o redeseño do Facebook: 600.000
Usuarios/as que votaron a favor: 74%
Usuarios/as que se mostraran satisfeitos co redeseño antes desta votación: 5%
Apróbase o redeseño por ampla maioría, seica.
Pouco me importa o caso FB mais é sintomático de que, en determinados ámbitos, o/a usuario/a semella máis preocupado polo dereito á participación que por participar.

Cara á nova política?

Standard

Un interesante canal de fotos de la Casa Blanca en Flickr.

Se poidésemos estar ao tanto do que fan os políticos na súa xornada laboral no mesmo modo en que as familias dinamarquesas observan os seus fillos nas guarderías vía web, talvez xa non terian que pasar tanto tempo a faceren o paripé en inauguracións varias. Poderían traballar un bocado máis e mesmo deberían dar bo exemplo rematando as súas xornadas a horas decentes, non como costuman facer, promocionando a explotación nas súas propias persoas e dando a entender que tempo e produtividade van sempre da man.

O galego, máis e mellor con software libre

Standard

O galego, máis e mellor con software libre – Código Cero – Diario Tecnolóxico de Galicia.

Andamos en contactos para traducir o Google Calendar para galego e facernos cargo das futruras actualizacións. Se cadra estou errada, mais sempre teño a sensación, cando descubro con envexa traducións de aplicacións e ferramentas para euskera e catalán que non temos en galego, de que os cataláns teñen interese en masa e que iso fai que conten con dereitos que nós non temos, porque eles os gañaron coa unión dos seus esforzos. Das traducións ao euskera sempre teño a sensación que son prmovidas e, sobre todo, pagadas cos impostos dos vascos, e tamén lles teño envexa. En Galiza traducimos algunhas cousas mais nunca vin un goberno consultar que se debería traducir, como e por que e dáme mágoa que, co pequeno que é o país, teña configuración de arquipélago.

Cuestión de tamaño

Standard

O pelacho pensaba que eran máis intelixentes as persoas coas cabezas máis grandes, por iso presuponía que Alfredo era máis intelixente ca min. Dixémoslle que neste caso o tamaño tampouco importaba. Aínda así sostivo que seu pai era máis intelixente que a súa nai porque sempre andaba a estribillar, movendo as cousas da casas dun lado para o outro e a fedellar en canto cable reptaba polas paredes e o chan. Entón a pelacha saiu na miña defensa dicindo.
-Mamá é máis intelixente porque sabe parar de traballar a tempo mellor que papá.
E o pelacho deulle a razón.

En favor do galego

Standard

captura_de_pantalla-en_favor_do_galego_-_mozilla_firefoxCando os tempos difíciles ameazan con prolongarse moito, paga a pena manter unha actitude positiva e dedicarse a construír casiñas confortábeis en lugar de afuciñar duramente tentando derrubar os castelos do inimigo. Nas últimas semanas están a xurdir numerosas iniciativas, tanto na Rede como fóra dela, en defensa da cultura en galego, a cultura que queremos moitas persoas. Por iso pensei en abrir un espazo, a través do cal sexa fácil estar ao tanto das últimas mobilizacións e poder adherir as que a cadaquén lle pareza oportuno.

Como se pode ler en En favor do galego, se promoves ou aopias algunha iniciativa en favor da cultura feita en galego e queres que apareza no blogue, podes enviarme un correo a tatimancebo786 en Gmail.

E cada vez somos máis e facémolo mellor!

Yin e Yan

Standard

Os pelachos comezaban a ver Mulán II cos primos e algo se debeu mencionar no inicio sobre o Yin e o Yan:

Prima P: ¿Y cómo se sabe cuál es el yin y cuál es el yan?
Pelacho: El yin es el bueno y el yan el malo. Y no podemos vivir sin uno de los dos.
Prima P: ¿Y cómo se sabe?
Pelacho: Porque tanta buena suerte no sería buena y tanta mala suerte sería aun peor

Como xestionar as redes sociais

Standard

Actualmente escribo este blogue, que será, mentres dure, o espazo público da miña identidade dixital, independentemente de que faga uso das redes sociais que estean de moda en cada momento. A maiores teño un blogue en Tumblr onde publico basicamente ligazóns que me interesa gardar en orde cronolóxica e que, mediante un botón arrastrado desde a sección Goodies de Tumblr, me permite publicar no blogue de Tumblr a web qu estou a ler en calquera momento. Desde o panel de control de Tumblr pode apañarse un pedazo de código que levei a un widget deste blogue, de modo que cada cousa que envío a Tumblr, aparece na categoría miniposts que se pode ver na barra lateral esquerda do meu blogue de Blogaliza.

Na barra do navegador teño tamén outro botón que me permite subscribirme a calquera web con rss a través de Google Reader, o lector de feeds que, logo de moito experimentar, me parece máis manexábel e completo.

Ademais teño perfil creado en Twitter e en Facebook, e a Facebook envío automaticamente todo o que publico neste blogue, en Twitter (que non é moito polo de agora porque acabo de abrilo), e no blogue de Tumblr. En Facebook é tan sinxelo como introducir na caixa de procuras o nome da rede que desexes integrar no teu perfil e filtrar por aplicacións até atopar unha que funcione ben, que non todas o fan, importando os contidos que creamos nas outras redes. Desde logo podería incluír no blogue os widgets de Twitter e Facebook, do mesmo modo que teño o de Tumblr, mais polo momento aínda non foi unha prioridade.

E por se fose pouco, entre outras cousas teño conta en Qik e en Kyte, dous sistemas gratuítos de streaming móbil de vídeo, estes si aparecen ligados desde o blogue, exactamente na columna da dereita poden verse os dous reprodutores cos que emitir vídeo en directo a través de Internet. Unha vez descargadas as aplicacións desde as webs de cada un, podemos subir vídeos de variábel calidade a Internet, sen necesidade de ocupar memoria no teléfono. Desde logo é preciso contar cunha tarifa plana de datos no móbil. Cada vídeo ten url propia, pode incrustarse en webs, enviarse a redes sociais, e inclúe contador de visitas e posibilidade de deixar comentarios. Qik funciona unicamente con vídeos mais Kyte tamén permite subir imaxes.

Por último por hoxe, gostaría de comentar que, aparte de aplicacións específicas para os móbiles, para publicar texto directamente nos blogues e redes sociais, existen outras que permiten centralizar os diferentes perfís dun usuario nun só lugar. O meu preferido é Pixelpipe porque nin sequera hai que instalar aplicación ningunha senón que se accede vía web e permite enviar de maneira instantánea texto, imaxes e vídeos en todas ou en algunha das redes sociais en que estamos rexistrados. É ben certo que facendo isto Pixelpipe ou o servizo que usemos pasa a ter acceso a todas as nosas claves e que hai quen non o acepta mais, como moitas cousas, é unha opción e ten as súas consecuencias.

Veña, unha máis, que non me resisto: para seleccionar imaxes para as anotacións procúroas habitualmente en Flickr, baixo licenzas Creative Commons; deste modo dou difusión a persoas que o desexan, porque sempre inclúo unha ligazón para os seus perfís en Flickr e sei que non vou ter problemas legais.