Plans

Standard

Estabamos a explicar aos pelachos que a próxima semana será complicada porque nos toca traballar no Culturgal a tempo completo pero que para a semana seguinte á Feira iremos a Mallorca en avión a casa dus amigos. O pelacho lembraba que hai dous anos tamén fomos en avión a Madrid.

-… Fue un viaje de unos minutos que me pareció de tres horas. ¡Se me hizo más lento que un camello terso!

“Un camello terso?” dixémoslle con sorpresa.

-Sí, terso es una palabra que aprendí en un cómic de Mortadelo. Había una clínica de cirugía estética que se llamaba El ombligo terso, por eso.

Ser a pelacha

Standard

Cando me dei conta de que acababa de rabuñala nunha perna coa cremalleira do pantalón puxen cara de dor e vin que comezaba a chorar. Non tiña nada na perna.

-Hala, que xa che pasou. Non foi nada.

-Ti tiñas que ser eu, para que viras todo o que me doeu.

(Si, si, así en galego, si)

Non vexo eu a diferenza

Standard

hamburgerO venres foi o aniversario do primo J. e os tíos levaron os pelachos e os primos a un centro comercial para merendar e ver unha peli. Cando chegaron a casa comezou a relatar a pelacha o que fixeran.

-Primero fuimos a merendar a BurguerKing y luego fuimos al cine.

-No fuimos a BurguerKing, fuimos a MacDonalds!

-Ya lo sé, pero yo digo BurguerKing porque no se decir Mandolas.