O home do tempo da miña infancia

Standard

 

Eu confeso que non irei porque estarei desde moito antes noutro lugar para colaborar a que estea todo listo para as 19:00, mais se existe algunha persoa na Coruña que non teña interese por escoitar a Santiago Auserón falar de música popular, cousa que dubido seriamente, polo menos teñen unha alternativa moi interesante o mesmo día 24 de marzo ás 20 horas na Sala Leonardo da Vinci da Domus.

O xiro postal, de Ousmane Sembéne

Standard

 

 

O vindeiro mércores 12 de marzo ás 20 horas na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia da Coruña (no edificio dos Cantóns) preséntase o libro O xiro postal, de Ousmane Sembène.

Acabo de rematar de ler O xiro postal, por recomendación de Martin Pawley, bo amigo e epiloguista da novela. Gostei inmenso, porque é a primeira historia sobre negros, si, é unha novela sobre negros, que leo escrita por un negro que, ademais non ten interese ningún por ser branco porque iso non fai sentido que marque ningunha direfenza, o asume con perfecta naturalidade.

O xiro postal xira arredor de como as dificultades burocráticas dun cidadán de segunda se entrecruzan cos principios éticos e o que dirán. O feito de que non sintamos simpatía algunha polo protagonista non evita que a empatía ou compaixón cara a situacións polas que ninguén debera pasar se apodere de nós nas páxinas finais.

Adubada cunha riqueza lingüistica que reflicte unha tradución moi eficiente, este localista xogo de voces da rúa convertido en novela podería trasvasarse a unha aldea galega de hai non tantos anos e ninguén diría que non fora escrita por un branco.

Un novo tesouro que Rinoceronte Editora saca á luz. E como sei que hai un feixe de mestres que seguen este blogue, gostaría de dicirlles que é un estupendo relato en todos os sentidos para os rapaces que teñen nas aulas. A min teríame encantado se o tivese pillado aos quince ou aos dezaseis.

Verdade ou consecuencia

Standard

-Mamá, puedes venir un momento, que no puedo dormir?

-Que querías, pelacho.

-¿Qué significa poner los cuernos?

-Mmmm, imaxina que, sen lle eu dicir nada a papá,  me vise con outro home por aí ás agachadas enos abrazásemos e nos beixásemos. Cres que papá gostaría?

-No le gustaría.

-Ou ao revés, que o fixese el.

-A ti no te gustaría.

-Non. Pois iso é o que chaman poñer os cornos.

-¿Entonces qué significa que te pongan los dedos así detrás de la cabeza?

-Pois iso que che estou a explicar. Pero é só unha maneira de falar, non hai cornos de verdade.

-Es que… yo creo que estoy haciendo un poco… algo… eso de poner los cuernos…

-E logo?

-Es que yo antes estaba enamorado de Victoria pero ahora me gusta muchísimo más Laura y entonces creo que estoy haciendo eso de poner los cuernos.

-Mmmm, vamos ver: ti chegaches a dicirlle a Victoria que che gustaba?

-Nooooooo!!!!!!

-E ela díxoche a ti se lle gustabas  ou díxoche alguén que ela dixera que lle gustabas?

-Non, tampouco.

-Entón non hai cornos, meu pelacho, porque vós non tedes ningún pacto. Simplemente antes gostabas dunha rapaza e agora gostas de outra, nada máis.

-No es así, en realidad me gustan mucho las dos pero ahora más Laura.

-Pois segue sen haber cornos, e porque che gusten dúas rapazas tampouco hai ningún problema. Arranxado?

-Si.

-Pois até mañaniña, que durmas moi ben.

-Te quiero mucho mamá.

-Eu a ti tamén, pelachiño.

-Aunque creo que quiero un poco más a papá… porque con eĺ hago algunas cosas que no hago contigo… pero sólo un poquito, eh!

Entón lembrei a resposta que lle dera o papá nunha ocasión similar en que era el o que ficaba relegado ao segundo posto das querencias e díxenlle en ton burlón.

-Non te preocupes, eu tamén quero un pouquiño máis a pelacha. Pero só un pouquiño, eh. Porque ela me fai máis caso cando lle digo as cousas. Pero cada un é como é, tampouco hai ningún problema con iso.

-Huy!!!!! Qué tontería más grande acabo de decir, verdad?

E xa non se precisaron máis respostas esa noite.