Tarde en sociedade

Standard

Onte fun co pelacho á presentación da Guía do ceo na FNAC e logo pasamos polo teatro Rosalía de Castro para gravar unhas imaxes do acto do centenario do Himno. De camiño para alá o pelacho preguntoume:

-Tú te sabes el himno nacional?

-Sei. Queres que cho cante?

-Sí, pero cántamelo en castelán, por favor.

-Non, fillo, o himno galego está en galego, non en castelán. Queres que cho cante?

-Sí, canta.

Entón cantei e cando rematei pregunteille:

-Que che parece? Gostas?

-Duró exactamente dos minutos, treinta y ocho segundos y ochenta y seis lo que sean.

-Son centéseimas, pelacho, son centésimas.

A voltas cos Reis… de novo

Standard

Entrabamos nun centro comercial de xoguetes para tomar notas para a carta máis importante do ano e cruzámonos cunha morea de xente xa de volta. O pelacho sen ollar para ninguén pensou en alto:

-Mira cuánta gente que viene de comprar los regalos de Reis.

Como eran na súa maioría pais e nais acompañando os seus nenos vinme obrigada a tirar partido da feliz coincidencia e dixen tamén sen ollar para el:

-Nooooon, non ves que sae todo o mundo coas mans baleiras? Veñen mirar xoguetes para logo escribir as súas cartas, coma nós.

E aí quedou a cousa… por esta vez.

Quen serán e que farán?

Standard

Sala de exposicións da Universidade de Xaén. Iso é todo o que sei. Cheguei até aquí a través dunha web (e a ela a través doutra) onde se recompilan emisións en directo de unha morea de webcams repartidas por todo o mundo (ningunha galega e, por unha banda case me alegro aínda que se as cousas fosen doutro modo, non debería). Chamoume a atención esta pola curiosidade que me picou por saber se estes parvuliños XL saberán que están a ser observados e tamén por saber o que están a facer. Semella un artista a traballar (o da esquerda, ou case vou dicir o de claro por se trocan posicións) acompañado por un deses colegas dispoñibilizábeis para todo tipo de eventualidades.

Cousa linda

Standard

O pelacho apareceume na sala cando eu pensaba que debía estar case durmido.

-Mamá, tengo que decirte una cosa importante. Es que últimamente tengo miedo, tengo muchísimo miedo y no me lo puedo quitar.

-E non será polos Pokemon ou por algunha outra cousa da tele?

-No, yo sé de qué es y no es de los Pokemon. Es de Harry Potter, por aquel libro que salía volando. ¡Flaca, flaca, flaca! Y no me lo puedo quitar de la cabeza. ¡ES INOLVIDABLE!

-Meu pobriño! Sabes o que tes que facer para esquecelo? Pensar noutra cousa. Se simplemente tentas non pensar en algo só vas conseguir pensar niso, todo o tempo; mais, se escolles algo que che guste moito ou che traia bos recordos, entón esquecerás o que non queres lembrar e durmirás tranquilo. Podes pensar, por exemplo en Coroso, no ben que o pasas alí. Lembras? Cando nadabas cos teu manguitos, cando faciamos castelos de area ou cando ías pescar. Podes pensar niso.

-Se me ocurre otra cosa. Dixo, mostrando o seu gran sorriso. Puedo pensar… en ti!

Entón comino enteiro.

Ciclos

Standard

A prima P. ten moito co pelacho. Son igual de activos, de terremotos, de cariñosos, de impredicíbes, de inconscientes. Os dous abriron a cabeza dunha caída, os dous son comedores voraces… Seguro que a Tía T. me lembra moitas máis cousas en que coinciden. E tamén nas anécdotas. Esta era a do pelacho no verán de 2005 e isto o que dixo a prima P. o outro día:

A prima P. levaba uns días a facer demandas nun ton unha miga displicente e empregando o menor número de palabras posíbel. Pediu auga cun lacónico bisílabo e a continuación solicitou:

-¡Pajita!

Seu pai, o tío D., reprendeuna:

-A ver, dilo bien, P.

E ela rectificou:

-¡PA-JI-TA!