Un inocente xogo

Standard

Contoume a Tía T. que o outro día, de camiño para o cole cos catro cativos no carro, a ringleira da pelacha e a prima P. parecía Playhouse Disney, polas conversas que levaban, e que a do pelacho e o primo J. semellaba Jetix, pois non deixaban de guerrear representando mil e unha identidades Pokemon. Nesas andaban cando a tía T. lles pediu que acougasen un chisco. O pelacho entón propúxolle un novo xogo ao primo J.: Xogarían a ver quen aguantaba un minuto enteiro sen falar. O primo J. despistouse e falou antes de tempo mais aínda así:

-Pelacho, me ha gustado mucho este juego.

-Sí, está muy bien… a mi profe de inglés también le gusta mucho…

Un novo amigo na casa

Standard

Actualizado 27/09/07: Por fin atopo un recurso que permite embeber galerías de imaxes no lugar dos posts en WoedPress: é preciso ter conta en Flickr e as imaxes aloxadas alí. Con Slideflickr creamos unha galería simplemente introducindo o noso usuario de Flickr e escollendo todas as imaxes ou un álbum en particular. Logo imos á sección dos posts dentro do editor de WP e pulsamos o penúltimo botón pola dereita da barra de edición, o botón redondo e branco que ten unha letra “F”. A continuación introducimos a url da nosa galería recén creada (está incluída dentro do código que nos proporcionan, do tipo http://slideflickr.com/xxxxxxx). Axiña se nos preguntará pola largura e a altura da galería no blog (esta non debe ser menor de 350 x 350). E xa podemos publicar!!! Mira que levaba tempo atrás disto. Agora probarei se funciona con outros do tipo Slideshare para presentacións ou as galerías de Picasa. Agradécense puntualizacións e outras alternativas.

Eis dezaseis pequenos vestixios da invasión incruenta perpetrada polo Dimo desde que o tío J. llo regalou ao pelacho polo seu aniversario, hai unha semana.

[kml_flashembed movie="http://www.slideflickr.com/slide/MsZyGQWV" width="350" height="350"/]

Cabodano do avó Manuel

Standard

Venres de tarde marchamos para a aldea, era o cabodano do avó Manuel e queriamos estar coa familia. Como non contabamos con que non terían aínda rematado a ponte que tiñamos que atravesar para chegar á casa houbemos dar unha volta no último momento que nos fixo chegar dez minutos tarde á igrexa. Ao ver baixar o papá ás carreiras o pelacho preguntou:

-¿Qué va a hacer papá?

-Vai á Igrexa.

-¿A qué va a la iglesia?

-Hoxe hai xusto un ano que morreo o avó Manuel e toda a xente que o quería reúnese na igrexa para lembrar o bo que era. Dixen eu.

-Pobriño. Respondeu o pelacho. Entendíanse moi ben os dous e moito o sentiu o noso pelachocando houbo que explicarlle que non había de velo máis. Aínda de cando en vez se lembra del á hora de durmir e hai que contarlle de novo que xa era moi maior, que xa vivira toda unha vida de felicidade e que tivo a fortuna de marchar sen grandes padecementos.

Hai só uns meses a conversa tería rematado aquí mais desta volta proseguiu por vontade da pelacha, que de súpeto tivo unha preocupación que resolver:

-¿Y le dolió mucho cuando se murió?

P.S. A pelacha voltou con décimas e chea de mocos, ao pelacho declaróuselle hoxe o mesmo pequeno mal. Comezan a semana sen ir ao cole.

Así falou Calidonia

Standard

 Boas a tod@s

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algúns de vós, este
sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos visitar aos veciños de Meá
pechados no Concello en protesta pola construción e posta en
funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA.
Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu
entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na
mesma parroquia onde se está a construir o monstro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue
(http://ocruceirodemea.blogaliza.org/) e nel podedes comprobar que levan
case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade
de intelectuais e artistas destacados como: Mabel Rivera, Joao Afonso,
Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé
Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriquira, Eva Veiga,
Antón Reixa, Os Cempés… e diversas asociacións e colectivos de naturea
diversa. A idea é queestaría moi ben que a rede galega non podemos ficar
á marxe.

Podedes mostrar o teu apoio aos veciños de tres xeitos:

– Asinando (co teu nome, co teu nick na rede, ou co nome da túa web) un
breve manifesto de apoio e solidariedade que podedes consultar nesta
entrada do meu blogue
(http://calidonia.blogaliza.org/2007/09/19/manifesto/) e que como vedes
é propositivo, aséptico e tenta non meterse con ninguén, só denunciar a
situación e defender aos veciños.

– Publicando esta convocatoria nos vosos blogues e páxinas web, pois
estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar
durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a
apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podedes
aproveitar se queredes este deseño feito por Artritris que vos mando anexo.

– Apuntándote ao xantar, deixando a túa confirmación nesta outra entrada
(), onde tamén iremos informando do que se vaia pechando e concertando a
respecto desta cita (xantar, desprazamentos) estes poucos días que
faltan até entón. A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes
do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no
menú é o polbo, o prezo vai ser todo o asequible que poidamos.

A cita é *en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa
do Concello*. Situación e lugar para combinarmos:
http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&lr=lang_ca%7Clang_es%7Clang_fr%7Clang_en%7Clang_it%7Clang_pt&hl=gl&msa=0&ll=43.460684,-8.254536&spn=0.002184,0.005611&t=h&z=18&om=1&msid=108348061584225929773.00043a7a8f34e02b4dc08

Todas as vicisitudes que rodean este tinglado xa as puidestes ler en
varios lugares da rede, grazas ao ciberactivismo que veñen despregando
veciños, membros da Plataforma, do Comité e cidadáns anónimos en xeral.
Non as vou repetir aquí e tan só vos indicarei un bo e variado resumo en
orde cronolóxica (http://chuza.org/index.php?search=reganosa&orde=data).
Esta xente viuse a obrigada a facer presión na rede diante do clamoroso
silencio e contrainformacións despregadas polos medios de comunicación
tradicionais, incluídos os públicos.

Unha aperta

Calidonia

BaCaNa PRODUCIÓNS presenta: “HENDAYA, mon amour “HENDAYA, mon amour”

Standard

[gv data=”CuOiX05Uc_Q” width=”425″ height=”350″][/gv]
Chégame á caixa do correo este orixinal e simpático anuncio do último espectáculo de Bacana Producións. “a comedia musical na que o amor acaba co fascismo”. Sigo pensando que, con todas as matizacións posíbeis e desde o descreimento absoluto, hai moitas cousas a mudar para ben nesta terriña nosa.

Toda a información aquí.

Tornado in media res

Standard

-¿Verdad que no puedes pasar una noche entera mojando una piedra en miel?

-?

-¡Claro! ¿Verdad que no te lleva toda la noche hacer eso? ¿Verdad que se hace en menos tiempo?

-De verdade que non teño nin idea de que me estás a falar.

-Mmm… ¿Cómo recogen la miel los americanos?

-Quee?

-Me refiero a la tribu. ¿Cómo lo hacen en la tribu?

-Pois imaxino que igual que os chineses ou os africanos.

-Ah. […] ¡Oh! ¡Mi corazón ha dejado de latir!

-Ha, hahahaha!

-Quiero decir que ha parado de bombear sangre: pon-pón, pon-pón, pon-pón…

-Sabemos o que é “latir”, pelacho.

Entón a pelacha comezou a falar soa:

-Los huesos aguantan. Sí, tengo carne por aquí y hueso por dentro y tengo pelos aquí…

E nisto chegamos á casa de Alberto, Paula e Hugo.

Hai días que…

Standard

Hoxe comezou o curso. Levamos o pelacho para as 9:30 e agardamos até ás 12:00 para a reunión de pais de nenos de tres anos porque aínda estamos a esperar polo noso piso novo en Arteixo e non nos compensaba volver á Coruña. Saímos da reunión ás 12:45 e agardamos de novo até as 14:30 que saía o pelacho porque tampouco nos compensaba movernos de alí. Mañá o pelacho entrará de novo ás 9:30, a pelacha comezará a súa longa estadía no sistema educativo ás 10:30; sairá ás 12:30 durante as dúas primeiras semanas -agás o venres, que non deberá ir porque o primeiro e o segundo día só acoden a metade dos cativos-, ás 13:30 a última semana de setembro e ás 14:10 a partir de outubro e ás 14:30 o pelacho. Disque o fan pola adaptación,, mais nós preguntámonos onde está a adaptación dos nenos cuxos pais non poden permitirse pasar doce mañás enteiras no colexio: soben ao autobús quen sabe a que hora, van para a guardería até as 10:30, que entran no colexio a se adaptaren; saen ás 12:30 unha miga máis adaptados, soben ao autobús e volven á guardería onde os recollen seus pais ás 14:30 ou fican alí a xantar. Os niveis que cada profe imparte escóllense por antigüidade no centro, o mesmo criterio sobre o que se organizan os horarios das distintas disciplinas. A comodidade dos docentes sempre é a razón orixinal para promover a escolla da xornada única nos centros. Polas tardes os centros educativos están de novo cheos de nenos porque é importante a socialización… e moitos acaban pasando dez horas no colexio cada día, douscentos días ao ano!

En fin, a pesar de estar no aire por ser provisional o pelacho volver ter a mesma profe do ano pasado. Foi xenial ver como se alegraban todos de vela de novo e ela de velos a todos.

A pelacha ten unha lista enorme de material entre o que aparecen dous bloques de plastilina. Cada rapaz debe levar unha cor diferente para non xuntaren moita das mesmas cores e á nosa pelacha correspondeulle levar plastilina rosa!!! Non pode estar máis feliz. Tamén ten que deixar no cole unha muda completa por se hai algún incidente, aínda que xa nos avisaron: se lles escapa o pis, non hai problema porque as mudan as mulleres das limpeza mais se é caca, entón telefonaranos a profe e ficarán con ela no cu o tempo que demoremos en ilos mudar. Tampouco o entendemos, debemos estar hoxe moi negativos. É probábel que non sexa un labor dos profes nin do persoal de limpeza pero é tan necesario como os primeiros auxilios cando fan unha ferida, non?

Segundo “en fin”, o máis importante de hoxe é que o pelacho cumpriu sete anos! Seica recibiu todos os presentes que pediu á nosa longa familia: un globo terráqueo con luz, un reloxo co que poder bañarse, os dous últimos xogos de Pokemon para a GameBoy e algunha cousa máis. A nós pedíranos que o levásemos de compras hoxe pola tarde para poder escoller in situ mais cando iamos cara ao colexio de mañá díxonos:

-Quiero que me regaléis una planta!

-Pero pelacho, xa temos plantas na casa.

-Pero quiero tener una que sea mía para cuidarla yo y tenerla en la habitación.

-Pode ser. Que che parecería un bonsai?

-¿Qué es un bonsai?

-Unha árbore en miniatura.

-Es justo lo que me temía pero no estaba seguro. Me parece bien un bonsai! Y, por cierto, en mi fiesta puedo mandar?

-Mandar?

-Sí. Si puedo mandar, entonces diré: ¡Es la hora de comer la tarta así que, el que no quiera tarta puede levantarse y marcharse de la mesa! ¡Y entonces yo me levantaré y me iré sin comer tarta!

Con esas andabamos cando se cruzou no noso camiño un camión de laranxas Ibáñez e o pelacho exclamou sorprendidísimo:

-¡ANDA! ¡IBÁÑEZ! ¡LE HAN ROBADO EL NOMBRE A MI ESCRITOR FAVORITO!

Xa pola tarde fomos cumprir co ritual e voltamos para casa cunha diana de dardos, un feixe de miniaturas Pokemon e un ficus bonsai.

O lado bo do malo

Standard

A pelacha segue pocha. Leva desde sábado con febre e ten momentos en que se farta de non se sentir ben, como onte:

-Pelacha, estás un pouco farta de estar pocha, verdade?

-SI

E o optimismo proverbial do pelacho acudiu na súa axuda:

-Piensa en la parte buena que tiene estar enferma… Te tratamos mejor… que antes!

Un día completo

Standard

A pelacha leva tres visitas ao médico nos últimos catro días porque non lle dá baixado a febre que, disque, se debe a un virus rabudo. Hoxe atendeunos en urxencias un doutor que xa viu os pelachos en moitas outras ocasións e aproveitei para darlle as grazas por animarme a deixar de fumar hai xa uns seis meses. Cadrou que foi o empurrón que me faltaba naquel momento e fíxoseme patente que os consellos moitas veces non serven de nada e algunhas veces o son todo para dar un paso. Pensei que lle alegraría sabelo e así era. Contoume o caso dunha rapaza que coñecía había anos. Rematara unha licenciatura en Literatura e ofrecéranlle un posto nunha escola, mais estaba tentada a rexeitalo porque era moi tímida e non se vía quen de afrontar o día a día cos cativos. Seica el soubo dos seus medos e foi onda ela para a convencer de que nese posto estaban o seu futuro e a súa felicidade. Dixo que aínda agora, moito tempo despois de aquilo, recibe anualmente unha carta da rapaza porque gosta de lembrar o que fixo por ela e para poñelo ao tanto da súa vida.

Cando voltamos do médico díxenlle ao pelacho. Sabes, había na sala de espera un neno de nove anos que era loiro, tiña lentes, non paraba de moverse e bater o chan cos pés, falaba como unha metralladora, gostaba de palabras como “minúsculo”, non tiña gana de que comezase o novo curso, era un fanático dos Pokemon e dos videoxogos e facíalle trampas á súa nai xogando a “piedra, papel, tijera” porque cando ela dicía papel, este neno contratacaba con papeleira que, dicía, comía o papel. Se non fose porque tiña nove anos en lugar de case sete e que este se chamaba Nacho, a quen dirías ti que se parecía? A estas alturas o pelacho xa non daba parado de rir e contestou todo satisfeito que se parecía a el.

Pola tarde ficaron na casa o papá e a pelacha, moi ronchiña ela e empeñada en que baixo ningún concepto lle retirásemos o esparadrapo que lle deixaran logo do pinchazo para as análises, e eu saín co pelacho para a Fnac, á presentación do libro de M. Núñez Centella, Esta es mi gente, que xa tiñamos porque nolo regalara o noso bo amigo Pawley. Ao pelacho pareceulle aburrida porque tiña os ollos e os miolos postos nos tebeos que habiamos de mirar despois, na procura de algún tesouro mais eu paseino moi ben.

Foi unha dobre alegría atopar a Ghanito entre o público, amais de Descalza e Irene, porque, ademais de que, aínda que coñecéndonos pouco, é unha desas persoas que transmite alegría sempre que o vexo, botamos man dos seus coñecementos sobre banda deseñada para que aconsellase o pelacho. Procuramos sen éxito algún número de Bone e ao final o pelacho inclinouse por un moi chulo de Pucca, con deseños e letras moi grandes.

Enfiando o camiño de volta decateime de que o pelacho nunca fora en bus e apañamos o 2 na Praza de Ourense que, en cinco minutos nos deixou case diante da casa, para sorpresa do neousuario.

Ao chegar atopei un correo da tía T. que ainda me fixo rir un bocado:

“Viendo rezar a Blancanieves:

Prima P: Por qué habla con la ventana?
Tía T: No está hablando con la ventana, está rezando
Primo J: Y qué es rezar?
Tía T: Es hablar con Dios
Primo J: Ah, como los dioses que aparecen en (no recuerdo qué dibujos animados me dijo)
Primo J: Y los dioses son estrellas fugaces?
Tía T: No
Primo J: Pero están en el cielo
Tía T: Sí
Primo J: Y las personas saben que están en el cielo?
Tía T: Bueno, algunas personas creen que existen y otras creen que no
Primo J: Y tú crees que existen?
Tía T: Sí, yo sí
Primo J: Yo también. Y alguno de tus compañeros del cole cree que no existen? (a tía T. é profe)
Tía T: Pues me imagino. Papá por ejemplo no cree que exista Dios
Primo J: (pensativo) Él se lo pierde!”