Piedra, papel, tijera e todo o que se nos ocorra…

Standard

O pelacho e o primo J. estaban a xogar a piedra, papel, tijera. Cando xa levaban unhas cantas partidas…

-¡Tijera! Dixo J. primeiro.
-¡Bazooka! Dixo o pelacho, con todos os dedos da man a medio abrir, como unha pouta. ¡Y mi bazooka gana a tu tijera!

Seguinte partida:

-¡Bazooka! Dixo J. triunfante

O pelacho, co dedo como o Colón da estatua, dixo máis triunfante, se cabe:

-¡Destornillador! ¡Que desmonta tu bazooka!

Foi a derradeira partida do día. A carreira armamentística está aberta.

De pezoñas e outros males

Standard

Logo de xantar, a avoa C. púxome ao día sobre os aconteceres da mañá cunha seriedade pouco habitual nela (previamente xa me contara que a pelacha arrincara Blutak da parede do cuarto dos xoguetes para darllo a comer á prima P. como se fose chicle).

-A ver pelacha, cuéntale a mamá lo que le hiciste a la prima P.

-Le di blutak. Dixo toda seria, tamén.

-¿Y por qué le diste blutak? Preguntou a avoa aínda máis seria.
-Poque yo pensaba que era chicle pedo sólo eda veneno…

Premio de relato corto LAS REDES DE LA MEMORIA

Standard

Unha das cousas que máis me impresionaron desde que comecei a asomarme acotío á Rede, animada polo amigo Pawley, aló polo 2003, foi a grandísima posibilidade que se nos abría de informar sobre calquera asunto. Eis o que me vén á cabeza ao recibir un correo dunha boa amiga, que me solicita axuda para dar a coñecer este certame. E como toda moeda ten dúas faces, tamén lle dou unha voltiña á actitude negativa dalgunhas persoas, normalmente de peso dentro dunha comunidade, cara á promoción de anuncios, eventos e contidos propios. Si, estou a falar do, para min xenericamente mal chamado, autobombo. Eu estou radicalmente a favor.

Nomes e apelativos

Standard

(Desde hai meses a pelacha só me di mamá cando se refire a min en terceira persoa, habitualmente chámame Tati porque di que ese é o meu nome. A ver cando lle explique que nin sequera ese é o oficial… A tía T. preguntoume se non me importaba e díxenlle me daba exactamente igual. Entón argumentou que ela non levara os seus fillos na barriga durante nove meses para que despois a chamasen polo seu nome, como o resto da xente.)

-Tati, ¿Por qué no jugamos a que yo era médico y tú te habías muerto?

-Pero pelacha, para que quero eu un médico se estou morta?

-Claro. Dixo ela asentindo.

-Entón non xogamos?

-¡Jugamos igual!

Feira do libro

Standard

(Actualización: o libriño foi para o peto do pantalón, o pantalón para a lavadora e aí rematou a súa historia. O pelacho chorou desconsolado e propuxo ir mañá á Feira de novo. Dixo que, como fora seu, Quería botalo ao lixo el mesmo. Que conto ten.)

Onte fixemos a primeira visita á Feira do libro coa intención de falar con Vázquez Figueroa sobre a difusión gratuita da súa última novela na Rede mais non foi posíbel porque desapereceu do programa do día. Demos entón unha voltiña con dous obxectivos: por unha banda facernos con Contos da Coruña, que presentará Xurxo Souto esta tarde e por outra, comprar un libro para o pelacho. Desde que leu el só o primeiro libro prometémoslle que por cada un que lea terá un outro: unhas veces será mercado e outras apañado temporalmente da biblioteca. Non lle insistimos nada mais o caso é que desde que rematou o curso e, aparte dos comics que mira/le todas as noites na cama, xa leva lido tres libros de historias.

Onte á tarde revisamos todos os postos que ofrecían libros para rapaces e tras moito remirar, logo de querer levar o primeiriño que aparecera, foi escoller na derradeira caseta do paseo un libro de preguntas e respostas sobre curiosidades como canto tempo hai que existen os xeados ou quen pisou a Lúa por primeira vez, tremendamente tentador.

Hoxe acordou con imperiosa necesidade de ir ao baño e, fiel seguidor dunha tradición da casa que eu non represento, escolleu o microcompendio de saberes como compañía. Cando saiu, ao ver eu que fora esa a única lectura que levara para o baño, pregunteille:

-E estiveches lendo ese libro todo o tempo?

-No lo leí ahora… pero acompaña mucho.