Elefantes e ofensas

Standard

Nunha das épocas en que traballei como profesora preparaba grupos de rapaces para a proba de inglés da Selectividade. Unha das preguntas consistía en definir en inglés dous termos tirados dunha lectura e sempre comezabamos o curso do mesmo modo: antes de enfrontarnos ao primeiro simulacro de exame pedíalles que definisen por escrito “elephant”. Todos os grupos ofrecían respostas similares: un animal que ten catro patas, un animal que vive en África, un animal moi grande… e sempre se queixaban porque non sabían dicir trompa nin cairos en inglés, palabras, ao seu xuízo, absolutamente imprescindíbeis para definir un elefante. Eu sempre lles dicía que se me ocorrían máis de cen animais para cada unha das súas definicións e que iso probaba que as definicións non eran o suficientemente boas pois as verdaderiramente boas deberían traer á mente de calquera a imaxe dun animal de catro patas moi grande cun enorme nariz e dous longuísimos dentes. E para iso sempre bastaba cunhas poucas palabras sempre que as escollesen con moito coidado.

Talvez me teña influído ser filla de mestres para considerar que é moi importante saber definir o que coñecemos porque saber  expresarnos tamén é moitas veces saber o que sentimos e, portanto, coñecernos mellor.

O pelacho adora as sorpresas e agardaba expectante pola roupa que ía vestir hoxe despois da ducha:

-Sorpresona cabrona! No lo digo por ofender, es sólo por la rima.

Sorprendeume que empregase o verbo ofender e pedinlle que me dixese que significaba.

-Que alguien se sienta mal por algo que decimos.

(Curiosamente moitos anos despois souben deste conto)

AVISO AO BLOGOMILLO

Standard

Desde hai días pódese ver a actividade blogomilleira en tempo real desde Blogaliza. Cóntame Goretoxo que os marcadores están feitos en base ao código postal da blogueirada. Se aínda non estás no mapa e desexas aparecer podes enviarlle un correo a goretoxoarrobagmailpuntocom dicíndolle o nome do teu blog e o teu código postal. Se xa estás no mapa e queres colaborar, podes anotar este texto ou un semellante no teu blog. Canto máis completo estea o mapa, máis apampados ficaremos a ollar para el!

Non me berres que levo chanclas

Standard

Aparte de pasar o día a falar seguido (aínda o outro día preguntou por que cansaba de falar e, claro, tivemos que lle dicir que era de non parar en todo o día), a pelacha aínda non controla ben o volume e ás veces atrónanos os oídos:

-Pelacha, non berres, por favor!

-Poqué, Mamá?

-Porque molestas! Es terríbel! (todo isto con cara de guasa, por suposto)

Entra o pelacho na conversa:

-Qué significa terríbel?

-O mesmo que terrible.

-Ah, ya. Pero con más espítiru, ¿no?

Standard

-Hoy tengo deberes. Tengo que hacer unas fichas. Son muchas: cuatro, o seis, o siete… son un montón y todas obligatorias para mañana.

-Ah, si? E como foi que hoxe tedes todo ese traballo?

-Pueees… es que al principio la profe dijo que no eran obligatorias y yo le dije: Ya verás qué bien guardaditas te las guardo todas en la basura. Y entonces, para mí, fueron obligatorias.

Esta vez non tivemos que aguantar as gargalladas porque tiña ben merecidos o castigo e mais a burla.

-Ves por que é tan importante pensar todo o que se di e non dicir todo o que se pensa?

E dixo que si o entendía, para rapidamente pasar dun chimpo a un terríbel monstro que, segundo o pelacho, era seis veces o tamaño de vinteseis veces a nosa casa!!!!

Os nenos aparecen nun de cada tres anuncios de televisión

Standard

Os nenos aparecen nun de cada tres anuncios publicitarios de televisión, segundo un estudo presentado no 56º congreso da Asociación Española de Pediatría, celebrado en Barcelona, que revela que os menores teñen substituído a muller como reclamo publicitario.”

Paréceme terríbel tanto por todos os nenos que hai traballando no mundo da publicidade, onde nin todos o pasan ben, e sei de que estou a falar, nin pola imaxe que abertamente se promociona sobre o valor da notoriedade vacua e o famoseo. Estou rotundamente en contra. É algo que en ningún caso querería para os meus fillos.

Premios Xerais 2007 II

Standard

Difícil día para a tecnoloxía. Como nos resulta imposíbel subir vídeos ao Youtube optamos por aloxarlos en Google, mais por un novo problema non podemos embeblos no blog. Deixamos as ligazóns para cada un deles e recomendamos axustar o tamaño do reprodutor de modo que non se perda moita definición (tamaño orixinal ou duplo como máximo):

-“Moendo” Interpretada por Xavier Blanco

-Dictame e entrega do premio Xerais 2007

-Dictame e entrega do premio Merlín 2007

-Dictame e entrega do premio Fundación Caixa Galicia 2007

-Discurso de clausura a cargo de M. Bragado