Onde nos vemos?

Standard

Vía O Levantador de minas<Roger<Jorge Benedet<De Ugarte recibo o inquérito que me pide tres razóns para abandonar España. Malia que inmediatamente me veñen á cabeza unha morea de boas razóns para querer vivir noutros lugares, ao mesmo tempo non teño tentacións de marchar. A xente que quero é para min a primeira razón para vivir onde vivo aínda que teña que aturar:

-A corrupción sen límites que tendemos a aceptar como mal menor da democracia (non era precisamente un dos piares das ditaduras?), arexada sen pudor e case reclamada como mecanismo para que todo funcione.

-A amargura de moitas persoas que con frecuencia as leva a causaren mal a outras, sobre todo cando estas últimas resultan ser “pringadas anónimas”.

-Tantas leis. Ao meu fillo de seis anos non lle colle na cabeza como hai tantas cousas que son obrigatorias ou que están prohibidas, e a min tampouco. Como coas tradicións, en moitos casos bastou unha escusa para establecelas e, por moitos anos que teñan pasado e por moito que teñan mudado as circunstancias, nunca as boas razóns son suficientes para desterralas.

Tamén se me pide que convide outros cinco blogs a participar, o que transmito con gusto a: Trapobana, Paideleo, Robinson, Xabier Docampo e Jaio

In media res

Standard

rotuladores.jpgComo o pelacho xa vai lendo con soltura non perde ocasión de radiar canto anuncio ve pola rúa, a maioría dos cales inclúen a palabra “rebaixas” nesta época.

-No acabo de entenderlo. Rebajas… ¿Significa que las cosas cuestan un poco menos?

-Exactamente!

-¡Qué bien! ¡porque así tendré que gastar menos dinero cuando me compre alguna cosa que quiera!

A avoa María

Standard

A bisavoa María ten 98 anos moi ben levados, hai idades que se levan ben ou desde logo no se levan. Debe haber máis de corenta anos que no proba a auga. Até hai vinte bebía boliches; lembro as xaulas enteiras de 15Hermanos no cuarto que chamabamos o depósito, e duns vinte anos para aquí pasouse á Fanta de limón. Non toma verduras, pírrase polo marisco, O avó J., seu fillo, di que non a lembra na cama, e o segredo da súa louzanía está, nas súas propias palabras, en non cear máis que un café con leite e galletas.

-Pero no ahí venga galletas y galletas… un par de galletas y hasta el día siguiente.
Onte fómolas ver a ela e mais á miña madriña. Preguntounos moitas veces cantos dos cinco bisnetos que andaban a brincar arredor eran nosos mais casualmente eran precisamente os nosos os que menos asomaban pola sala naqueles momentos. Así que o papá aproveitou unha breve incursión do pelacho no noso alcance visual para dicirlle a berros á miña avoa:

-ESTE É O GRANDE!

-Que dices, neniño, que es atorrante?

-O GRANDE, O GRANDE!

Mais non puido evitar pensar cunha mestura de malicia e simpatía que en certos momentos a bisavoa María non deixaba de levar certa parte de razón.

De alí a un pouco un dos bisnetos preguntoulle:

-¿Como estás, abuela?

-¡Pues hecha una moza!

Dixo isto, nun ton moi suave e agudo, para botar a falar de novo, tan rachada como a lembro de sempre:

-Viejiña, hombre, viejiña. ¿Como voy a estar?

Entón miña prima aproveitou para seguir tirándolle da lingua:

-¿Pero tú, entonces, cuántos años tienes?

-…Y qué tendré? …Yo creo que de los que estamos aquí, debo ser la mayor, ¿no?

O papá confirmoullo:

-Por un momento case me entra a dúbida… mais é a maior, é.

Conversa antes de durmir

Standard

rhino_ruler_med1.jpg-Estaba eu a pensar… que se te ataca un rinoceronte nun descampado… non hai moito para onde fuxir.

-Queres dicir a correr, claro.

-Claro, pero aínda que teñas unha árbore mediana…

-Dis para asomarte a un lado ou ao outro?

-Si, pero non hai nada que facer. Ademais, aínda que teñas unha árbore, moi grosa tería de ser para que non a leve por diante e a ti con ela.

-Xa…

-E subir á árbore… impensábel.

-Xa… Pois sabes o que andaba a pensar eu? (deitada de lado ao seu carón e cun brazo por riba do seu peito)

-Que pensabas?

-Estaba a preguntarme cantos dos meus sesenta e cinco quilos están sobre o colchón e cantos sobre o teu corpo. Entón pensei que se estivese deitaba sobre unha báscula e apoiase un brazo noutra facendo unha presión progresivamente maior sobre ela, irían baixando os quilos na primeira e aumentando na segunda mais sempre sumarían sesenta e cinco. E de termos dúas básculas verticais nas paredes do corredor, se me puxese a facer presión nelas con ambos os brazos, sabería cantos quilos de presión me faltarían para elevarme sobre o chan. Que che parece?

-Buf! Se nin sequera temos unha soa báscula na casa…

-Pois temos tantas como rinocerontes!