Máis unha do primo J.

Standard

hologram.jpgComo o 26 a prima P. fará dous anos foi onte coa nai, o irmán e a avoa a un centro comercial a escoller presentes. Chegou un momento en que o primo J. xa estaba moi canso de curiosear e tronzado polo catarro, entón a avoa propúxolle:

-Hala, que ya queda poquito y cuando acabemos te he de comprar un juguete en Imaginarium.

Ao que o cativo respondeu entre saloucos:

-Noooooo, yo quiero un juguete verdadero, no uno imaginario…

Felicita a Bush

Standard

bush.jpg“Feliz aniversario”, sr. Presidente

Estimado Sr. George W. Bush,

Agora que está a piques de cumprirse o 5º aniversario do campo de detidos de Guantánamo, quero felicitalo a vostede por varios motivos:

1. Por ter arranxado para manter un centro de detención ilegal aberto durante tanto tempo diante da pasividade da comunidade internacional;

2. Por intentar reducir a cinzas a Convención de Xenebra, despois de máis de medio século de vixencia.

3. Por ter descuberto que hai seres humanos sen dereitos humanos;

4. Por manter baixo detención prolongada centos de detidos sen cargo nin xuízo, permitindo as torturas e os malos tratos;

5. Por facer desaparecer un número descoñecido de persoas, e por facelo, iso si, en nome da liberdade;

6. Por ter conseguido que sexan admisibles as probas obtidas mediante tortura ou outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes;

7. Por conseguir que moitos países, entre eles moitos de Europa, lle presten as súas bases e aeroportos para ditos propósitos.

Por todo iso, fágolle chegar as miñas felicitacións. Pero de paso, tamén envíolle miña máis airada condena e rexeitamento á existencia de Guantánamo e o resto de centros de detención.

Esíxolle a vostede que peche o centro de detención de Guantánamo e que libere os detidos a menos que os acusen dun delito común recoñecíbel e os xulguen de conformidade coas normas internacionais de xustiza procesual, nun tribunal que non impoña a pena de morte.

O movemento usuario lalala

Standard

k-minstrel.jpgCopio e pego desde servigratis>IonLitio e únome a este movemento:
“Seguro que vos pasou máis dunha vez. Despois dun bo tempo a procurares algo en Google, chegas por fin a unha web que parece ter exactamente o que buscas: un fondo de pantalla, unha fotografía en alta resolución pero oh sorpresa! só está dispoñíbel a descarga para usuarios rexistrados! Sen embargo, na web anímannos dicindo “o rexistro é gratuíto e só che levará uns minutos”.

A pregunta é: se é gratuíto, e por tanto todo o mundo ten acceso ao mesmo, para que me fas perder uns minutos do meu tempo reenchendo un parvo formulario? para recompilar enderezos de email?

Teño un amigo que adoita rexistrarse neste tipo de webs utilizando sempre o mesmo identificador do usuario e a mesmo contrasinal: “lalala”. Grazas a isto, cada vez que chego a algunha web que exixe rexistro, probo a usar ditas claves para ver se o meu amigo creou unha conta antes, co conseguinte aforro de tempo que isto me supón. Co tempo convertemos este uso dunha conta compartida nunha practica habitual.

A sorpresa veu cando ambos descubrimos que esta práctica tamén funciona en webs en que ningún dos dous nos rexistraramos previamente (polo tanto, hai máis xente que usa dito identificador do usuario). Así que pregúntome por que non, aproveitando as posibilidades virais de internet, converter esta práctica en algo global?

Con este pensamento en mente, nace o movemento que bauticei como usuario lalala. Dito movemento pretende estender o uso deste identificador do usuario e contrasinal en todas as webs onde faga falta rexistro. Así, se chegas a unha web que solicite rexistro, poderás probar a usar dita conta. E se non funciona, o que debes facer é rexistrar ti mesmo dito identificador do usuario e contrasinal para que, a próxima vez que alguén chegue á web e teña o mesmo problema, o atope resolto.

Por que usamos “lalala”? Por dúas razóns. A primeira e fundamental, porque é fácil de lembrar. A segunda é porque ten seis carácteres, que é a lonxitude mínima necesaria que exixen moitos formularios de inscrición. Para iso estableceremos unha serie de

Pautas do movemento:

  • Promover a creación dunha conta cos seguintes datos:identificador do usuario: lalalacontrasinal: lalala

    en todas as webs e foros de rexistro gratuíto, de xeito que, ao ser coñecidas por todo o mundo, dita conta poida ser usada por calquera usuario que non desexe perder o tempo en rexistrarse.

  • No caso de que a clave de acceso deba ser distinta do nome, ou teña que conter números por seguridade, utilizaremos:identificador do usuario: lalalacontrasinal: lalala99

E xa está. Lembrando estas dúas combinacións, deberiamos poder acceder a calquera web de rexistro gratuíto (se alguén creou a conta antes) e se non, como xa dixen, debemos creala nós, contribuíndo así ao movemento. Sinxelo, verdade? pois anímate a difundilo!”

Verdades piadosas vs. mentiras interesadas

Standard

O primo J. onte ao saír do cole:

-…Y vinieron los Reyes Magos a mi cole. Y me regalaron esta caja de pinturas.

-Que chulada!

-Sí, me las dio la chica  Rey Mago…

-… … …

-¿Y cuál es el Rey Mago que es chica?

papanoelpianista.gif

O pelacho hoxe pola mañá indo para o cole:

-…Pues cuando yo era tan pequeño, tan pequeño que aún estaba en tu barriga… no creía en los Reyes.

-Daquela aínda non sabías nin que os había. Pero agora si cres…

-¡Sí!… porque me traen regalos.

Latifundio

Standard

Segundo un informe do propio goberno dos E.E.U.U, a colleita anual de maría, aínda ilegal en 2006, é a maior do país. Nin a de millo nin a de soia acadan os $ 35.000.000 que supón a de cánabo. California produce unha terza parte do total e en doce estados esta ocupa o primeiro posto dos cultivos.

Visto en LATimes. Tamén poden velo simpaticamente traducido primeiro do inglés ao castelán e logo do castelán para o galego a través do Shortext

Si no ficera pis…

Standard

neverland.jpgA pelacha non quere medrar moito polo de agora. Sempre argumenta que é pequena cando lle pedimos que faga algo que non lle apetece. Aínda almorza de biberón (bibe quentiño, di ela, como se fose o mellor manxar do mundo) e leva cueiros todo o día porque se nega sistematicamente a facer pis no váter, mais toda decisión ten as súa consecuencias:

-Si no fizera pis no pañal tu non limpabas a min con toallita fría.