Blogosfera na mesa

Standard

Hoxe fun falar sobre blogs e vídeo ao Centro Multimedia. Gostaba de ter coincidido de novo  con xente como Opaco, Demares, Modesto ou Calidonia, quen tivera o pracer de coñecer o verán pasado nunha xantanza blogomilleira, mais o mesmo programa que impediu isto deume pé a coñecer outra xente moi interesante como Ventanas ou Santy Gutiérrez e mesmo a poñerlle face a Akin!!!

Nomenclatura básica II

Standard

perezoso.jpg-Pelacho, hoxe se queres non vas a patinaxe e ficamos todos na casa.

-¡VAAAALE!

-Cando xa estás alí pásalo moi ben pero dáche “nogalla” ir, non?

-¡Exactamente! Aunque no tengo ni idea de lo que significa”nogalla”.

Fíxome tanta graza que non fun quen de darlle máis que a tradución ao castelán.

-Pereza, significa pereza.

-Pero es que tampoco sé lo que es la pereza.

-Niso tes razón, non fai falta que mo xures.

Tempo de paz, amor e…mentiras II

Standard

bad-santa-claus2.jpgSábado pola tarde fun co pelacho ao Corte Inglés para trocar unha caixa de lapis que levaramos por erro pensando que eran acuarelábeis. Subimos de pasada á planta dos xoguetes para recoller o catálogo de Nadal e cruzámonos cun Papá Noel moi animado que andaba a berrar entre os cativos ofrecéndolles caramelos ao son da súa campá. O pelacho nin mirou para el. Cando marchabamos cara ás escaleiras mecánicas volvémonos dar de fuciños con el e o pelacho dedicoulle a mesma atención que primeira vez.

Unha vez fóra dos grandes almacéns non aguantei a curiosidade e pregunteille:

-Pelacho, quen estaba na planta dos xeguetes?

-Era Papá Noel… bueno, una persona vestida de Papá Noel. La primera vez que lo vi dudé pero la segunda xa me di cuenta de que era una persona disfrazada y no Papá Noel.

-Claro! Como ía andar Papá Noel por aí, por todas as partes, coa cantidade de traballo que ten nesta época, verdade?

-¡Claro!

Eu tamén vou!

Standard

eneko21.jpgAcabo de ver na da Besbellinha que se convocan os segundos premios 20minutos para blogs e apúntome, polo momento ao lado de Ghanito, 7 ninutos antes de la media noche, arrós con chicharos, Mariano Grueiro, verbas ceibes e cinema friki. Vou como fun no seu día ao Campionato Galego de Kung-Fu con trinta anos, onde creo lembrar que fiquei última da miña categoría ou como subiría en ala delta con alguén que me inspirase confianza: por saber que se sinte e por tirar ferro a esa competitividade que nos fai avanzar tanto en gloriosas ocasións como nos afunde cando é mal entendida. Así somos ás veces, unha mestura inestábel de bos propósitos e malas prácticas.