Segredos e videoxogos

Standard

gossip.jpgO venres pasado marchamos para Coroso, luns de mañá para a aldea en festas e mércores voltamos para casa. Onte, venres de novo, marchamos para a praia outra vez coa idea de ficarmos até luns mais a chuvia tróuxonos de novo para Coruña despois do almorzo.

Un destes días que pasamos pola casa entre tantas idas e vindas petou á porta unha veciña coa intención de informarnos de que unha outra veciña, suspecta de apropiación indebida do pecunio comunitario, estaba libre de culpa, pois viña de preguntar no banco confidencialmente a un seu amigo se tiña retirado os fondos ou non. Por esta razón consideraba que a convocatoria de xuntanza veciñal carecía de sentido. Teño que dicir que aínda que captei á primeira todo o que me contou, non lle debeu parecer a miña actitude suficientemente empática porque entrou en bucle e contoume exactamente o mesmo catro veces seguidas entre o balbordo dos pelachos a xogaren no cuarto contiguo. Cando rematou o cuarto clon da historia orixinal reparou nos cativos: -¡Ah, que bonitos están lo niños! A ver, que os doy algo para que compréis caramelos. Dixo abrindo o bolso. Por manterme dentro dos patróns sociais deste tipo de situacións pedinlle con simpatía que non lles dese nada, que non era preciso e obviamente non me fixo nin caso. Tendeulle ao pelacho un billete de cinco € e este, recolléndoo sen dubidar preguntoulle: -¿No tienes uno de diez? es que es justo lo que me falta para comparme el juego de la DS que quería… -¿Qué es lo que dice? Preguntoume a veciña. -Nada, nada, que moitas grazas. Díxenlle eu acompañándoa á porta tratando de conseguir con amabilidade que se gardase de relatarme a historia do seu bo amigo do banco por quinta vez. Sen dúbida a parte que máis a satisfacía lembrar e escoitar en voz alta, máis incluso que facerma escoitar a min, era esa de: -A ver, Javier, hombre. A ver si me miras qué pasa aquí con el dinero. Que me han dicho que esta mujer lo ha estado retirando pero, si ni siquiera estaba casada con el que era presidente de la comunidad, que en paz descanse. Así que me extraña mucho que pueda haber estado haciendo eso.

Así que xa saben: desconfíen sempre do compromiso de confidencialidade dos bancos e, se non descartan algún día cometer un desfalco comunitario, casen coas súas parellas, se non o fixeron xa, cando as fagan ostentar a presidencia da comunidade de veciños.

Seres nocturnos

Standard

owl.jpg-¿Existen los seres humanos nocturnos?

-A que te refires?

-Quiero decir si existe algún ser humano nocturno…

-Pero a que lle chamas ti ser humano nocturno?

-Pues quiero decir un ser humano que duerme por el día y vive de noche.

-(Claro, que había de querer dicir… mais non creo que lle interesase moito saber da xente que vai de marcha) Hai xente que traballa pola noite e logo ten de durmir polo día.

-¡Pobres! Pues qué poco deben dormir.

Meigas fóra

Standard

universo.jpg-Mamá, ¿hay algunas cosas que dan mala suerte?

-A mala sorte non existe, meu neno.

-¿No existe? ¿Y el Yin y el Yan tampoco existen?

-Iso é outra cousa. O Yin e o Yan son unha maneira de explicar o mundo… onde hai cousas boas e cousas non tan boas, cousas que están arriba e outras que están abaixo, cousas fortes e cousas suaves… e se todo iso está ben ordeado a vida é máis fácil para todos.

-No lo sabía.

Cultivar leitugas no mar ou arar penedos

Standard

amencer.jpgPois non fomos a Coroso, non, porque hoxe retiveron o papá no traballo á hora de saír para anunciarlle que o botaban, isto  na mesma semana en que eu acabo de despedirme do meu para iniciar unha nova rota laboral aínda difusa,  e fíxosenos tarde para saír. a ver se mañá nos damos o primeiro baño por fin.

É curioso, hoxe lin na do Robinson que cando Deus pecha unha porta abre sempre unha xanela e, falando co ateo do Pawley polo Messenger, díxome nun momento que Deus escribía dereito en renglóns tortos. A min, que me resulta moi difícil falar de Deus, so me vén á cabeza a imaxe dun novo día que comeza, despois de xornadas moi duras, cun cheiro diferente, presaxio de todas as cousas boas que nos fican por vivir.

O papá di que asina isto palabra por palabra.