Verde que te verde

Standard

 

No niño dos pelachos hai catro billas de mocos verdes que deitan caudal sen parar. Estamos todos igual e, polo visto, é debido á primavera (cando acontece en inverno disque é cousa do inverno). Os pelachos andan bordeando a bronquilite mais parece que a forza de ficarmos na casa afastados de correntes perversas a cousa non irá a maiores.

Ao papá desfixéronlle venres pasado unha pedra no ril e pese a que ficou unha miga escangallado durante a fin de semana, xa o temos case novo outra vez. Eu fun por fin a Vigo para pasarlle a ITV ás miñas costas en contra do criterio de Besbellinha e xa vou mellor tamén.

Este sábado montaremos o tenderete en Coroso para a acampada 2006, que inauguraremos oficialmente en canto poidamos. QUE GANIÑAS DE IR Á PRAIA!!!!

Palabróns

Standard

O pelacho botou varios días a dicir “puta” a voz en grito e sen vir a conto cada vez que lembraba que existía esa palabra. Nunca nada lle dixemos. Agora di ás veces “hostia” e “joder” cando quere mostrar fastidio porque algo non lle sae como el quere e tampouco lle estamos a dicir nada ao respecto.

Eu nunca uso estas interxeccións con eles diante, supoño que porque os meus pais non o facían e eu non collín o costume de dicilas diante deles, a pesar de que noutros contextos até desfruto xurando e dicindo as maiores barbaridades que se me ocorren.

O papá porén, sen chegar a ser un gran palabroeiro, si os bota indiscriminadamente, igual que agora o noso fillo. Non nos parece algo que debamos reprender en termos absolutos, pois non deixan de ser palabras, mais ante a práctica que está a adquirir estamos a pensar que podemos indicarlle en que contextos son máis adecuados, como tantas outras cousas.

No carro cos pelachos

Standard

-Mamá, ¿cuántos años tiene la pelacha? ¿Uno?

-Ten un pero vai cumprir dous nuns días.

-Pues yo quiero regalarle un tambor pequeñito… Dixo o pelacho, a falar tan baixiño como podía:

-GANDE!!!! Dixo a pelacha.

-Escoitoute! Agora xa vai saber o que lle vas regalar.

-Naaa… seguroque no se acuerda!

A las barricadas

Standard

Unha antiga compañeira de estudos e amiga de amigos pasou o outro día polo lugar onde traballo para recoller un pedido:

-Xa me dixeron que eras liberada sindical.

-¡Todo se sabe! Chica, es que el instituto me queda tan lejos… Últimamente ya me estaba quedando a dormir allí un día a la semana. Y como mi tía está en el sindicato y tenían a una de baja por maternidad, me lo ofrecieron a mí y me vino genial. Y eso que yo creía que era un sindicato de derechas total, y no lo es, eh! Me dicen que en Madrid sí, que allí son todos de derechas. Pero aquí, para nada.

Tengo que ir con ellas por los centros pero no tengo que hablar, voy de acompañante. Y además me quita poco tiempo. Nada, que estoy encantada.

Lo que es terrible es ver cómo andan las cosas. Te crees que hay asuntos que funcionan medianamente bien, y en cuanto te metes un poco ves que es una auténtica vergüenza cómo funciona todo.

-Xa, xa. Dixen eu, que cada vez teño menos gana de discutir por discutir.