Novo anuncio do Kindle

Standard

Como din en The Digital Reader, cada vez se pensan máis os anuncios para que a xente teña ganas de compartilos. E funciona! O curioso é que a estratexia publicitaria non se utilice tamén para vender os propios produtos da empresa anunciante. Por que Amazon non inventa un formato de vídeo propio para os seus anuncios que só se poida visualizar nos seus dispositivos? Por que non os almacena nos seus propios servidores en lugar de servirse de Youtube? Entón, por que non vende libros coa mesma filosofía coa que fan anuncios?

The Future of Advertising | The Digital Reader.

Burst de Barabási: unha proposta de marketig boísima!!

Standard

Albert-László Barabási presenta o seu novo libro, Bursts, prometendo non falar del, senón propondo un xogo, unha experiencia social dinámica a quen se anime a participar. Traduzo libremente engadindo algunhas cousas que non comenta na presentación e eliminando outras:

Bursts é unha performance de dinámica humana, un xogo de cooperación e predición, que permitirá revelar aos poucos o contido do libro. Polo atallo, se te rexistras en http://brsts.com, poderás adoptar unha das 84,245 palabras da obra. Unha vez que adoptes unha, recibirás o teu certificado de adopción e accederás a ver todas as demas que xa foron adoptadas por alguén –cando todas as palabras sexan adoptadas, todas as persoas que adoptaron terán acceso á lectura online completa de Bursts. Tamén podes convidar amigos e tratar de adiviñar palabras e gañarás puntos cos que poderás mercar novas palabras que non sexas quen de adiviñar. As persoas con puntuacións máis altas mesmo recibirán un exemplar asinado.

Sei que todos andamos curtos de tempo, mais oxalá que vos animedes a participar neste fascinante experimento, a formar parte desde Estourido (Burst) colectivo!

A interface de lectura do libro é bonita pero non especialmente cómoda, semella estar pensada para enganchar o lector e animalo a mercar o libro un pouco máis tarde, ou só para xogar a adiviñar palabras e conseguir a copia de balde, como promete Barabási.

O que máis me chama a atención é o prezo en Amazon: 11,69$ para a versión en papel e 19,34$ para o formato electrónico!!!!!!!

www.brsts.com

Burst: E-book as word guessing game | TeleRead: Bring the E-Books Home.