Cultivar leitugas no mar ou arar penedos

Standard

amencer.jpgPois non fomos a Coroso, non, porque hoxe retiveron o papá no traballo á hora de saír para anunciarlle que o botaban, isto  na mesma semana en que eu acabo de despedirme do meu para iniciar unha nova rota laboral aínda difusa,  e fíxosenos tarde para saír. a ver se mañá nos damos o primeiro baño por fin.

É curioso, hoxe lin na do Robinson que cando Deus pecha unha porta abre sempre unha xanela e, falando co ateo do Pawley polo Messenger, díxome nun momento que Deus escribía dereito en renglóns tortos. A min, que me resulta moi difícil falar de Deus, so me vén á cabeza a imaxe dun novo día que comeza, despois de xornadas moi duras, cun cheiro diferente, presaxio de todas as cousas boas que nos fican por vivir.

O papá di que asina isto palabra por palabra.

Azul vs. rosa

Standard

pulseira.jpgQue se as nenas falan antes, que se os nenos precisan pelexar e máis xogo físico, que se as nenas son máis listas e desde ben pequenas teñen instinto maternal, por iso gostan das bonecas. Que se os nenos son máis desordeados pero máis nobres porque as nenas, xa se sabe, son máis lerchas…

Meus pais nunca me fixeron sentir rara nin máis distinta de ningún otro neno que de ningunha outra nena.

Eles saben que lles estarei eternamente agradecida.

Standard

Non sei en que estaba a pensar cando resoaron na niña cabeza un feixe de voces que hoxe escoitei laiar por unha morea de nimiedades. Non preciso fixarme en África, entre outras cousas porque me levaría a entrar noutros asuntos ante os que me sinto desenganadamente impotente, para me decatar máis unha vez que hai moita xente que nace sen unha soa oportunidade na vida. Sen ir máis lonxe, de camiño para o traballo cruzo a rúa San Andrés, centro comercial e dormitorio de indixentes da Coruña. É probábel que moitos deles teñan consumido a súa segunda oportunidade, a terceira e mesmo algúns a enésima. Con todo, son moitos as que nunca tiveron unha casa que tirar pola ventá.Por outra banda sei que mañá pode atropelarme un carro ou que mesmo hoxe un cancro lento ou fulgurante podería estar a matarme anonimamente. Mesmo se iso chegase a acontecer tería vivido unha existencia feliz ateigada de oportunidades.