Nomenclatura

Standard

Desde hai tempo sabemos que o noso futuro pasa por levar sempre un dispositivo que centralice cada vez máis utilidades con tendencia a se converteren en necesidades. Até ben pouco non estivo claro se o seu nome sería PDA que, ademais de moitas outras cousas, incluiría a función de teléfono; ou un teléfono de grandes e altas prestacións que comese o terreo das PDAs. O que non deixa de sorprenderme por unha banda e parecerme o máis próximo da lóxica por outra é que o electrodoméstico residente no fogar que acabará centralizando todas as funcións comunicativas sexa a consola de videoxogos. E miro para a miña vella Atari e non deixo de sorrir.