Pensódromo[21]

Standard

Pensódromo[21], o novo proxecto dos Odell está en marcha. Un enfoque creativo e adaptado aos tempos para o mundo editorial. Cada libro é un todo que hai que tratar con afecto e atención, que se comporta de forma única e que ten un percorrido intransferíbel.
Desde Algueirada sumámonos ao seu entusiasmo e a colaborar na súa difusión.

Parabéns, amigos, e moita sorte nesta nova andaina!

Queres probar Open Kitchen?

Standard

Acabo de recibir un correo do amigo Rodrigo Varela onde me conta que a aplicación para iPhone Open Kitchen, que leva varios meses coordinando, pode descargarse de balde até o 24 deste mes. A intención dos autores é recoller opinións para mellorala de cara á próxima versión. Se vos apetece colaborar, podedes transmitirlles as vosas ideas a través da páxina da app os dos seus perfís en Facebook e en Twitter.

Open Kitchen contén 250 receitas de cociña fornecidas por 18 blogueiros gastronómicos “para días de praia e campo, celebracións, momentos cotiáns…”

Xornadas sobre o libro electrónico na biblioteca e no ensino

Standard

Natalia Garea de Biblogtecarios publica un resumo ben completo sobre os contidos das xornadas. Que ben, un traballo menos ;)

Paseino francamente ben, e non só por ter dous días para conversar con xente moi movida e que sabe e fai moitas cousas como Inma, como Carlos Sánchez e como Lorena, senón porque me alegrou o entusiasmo dos asistentes, que non viñan na procura de fórmulas máxicas nin de vaticinios, senón de puntos de referencia para traballar en rede e de moitas ganas de reunir datos sobre os que tomar posturas e decisións para, desde o noso presente, modelar o que será o noso futuro. Parabéns á organización e moi agradecida pola oportunidade para unha conversa tan viva.

Presentación de El árbol ausente, de Catherine François

Standard

O próximo luns 2 de agosto ás 21:00 terei a alegría de presentar unha gran amiga na Feira do libro da Coruña.

El árbol ausente foi escrito por Catherine François en francés, traducido ao castelán por Santiago Auserón e editado por Demipage. A tradución foi revisada por min, cousa pequena, mais enorme ocasión para aproximarme dun texto extraordinario, unha historia que conta moito máis que o que as súas palabras aparentemente refiren.

Os tres presentaremos El árbol ausente e os tres vos convidamos a partillar boa conversa á súa sombra.

Parabéns, veciñanza de Blogaliza!

Standard

Acaba de chamarnos o Presidente da Deputación da Coruña para anunciarnos que Blogaliza foi premiada co Rosalía de Castro 2010.

O galardón ten como obxectivos recoñecer aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral e a manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

A candidatura foi proposta polo propio xurado, e o premio, que non ten dotación económica, correspóndenos a todas as persoas que publicamos, comentamos e lemos os blogues de Blogaliza, un espazo onde facemos cultura en galego con normalidade.

A entrega será o 28 de maio en Ames. Daremos máis detalles en canto os teñamos.

Pedro Silva, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo

O máis interesante do venres

Standard

Con demasiadas tarefas aínda por facer, déixovos unha selección das noticias que parecen máis interesantes:

Que teñades unha feliz finde. Vémonos nalgunha das 67 presentacións do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Tamén se pode seguir na rede en directo a presentación de Vigo, que retransmitiremos a través de prolingua e desde a portada de Blogaliza.

Aviso Stanza/iPhone!

Standard

Se utilizas Stanza para ler libros no iPhone non actualices o Stanza para a última versión se non queres anular o cable USB para a carga de libros no iPhone. Parece ser que Apple esixiu esta modificación do Stanza na última actualización. Con todo, o proceso pode facerse aínda na nova versión a través da wifi.

Stanza iPhone app crippled at Apple’s request | TeleRead: Bring the E-Books Home.

KLM ofrecerá eReaders aos seus pasaxeiros

Standard

Aparentemente é idea de KLM ofrecer ereaders aos seus pasaxeiros e, se os dispositivos duran o suficiente sen caducar, mesmo é posíbel que aforren cartos. Mais non tería maior lóxica que fosen os mesmos fabricantes de aparellos ou os distribuidores de contidos quen llelos fosen ofrecer ás compañías aéreas? Desde logo, tendo en conta que constitúen unha tecnoloxía sen posibilidade de fracaso, o feito de que cada persoa que viaxa en avión teña a posibilidade de experimentar o artefacto de que todo o mundo está a falar nestes días, non carece de importancia nin de consecuencias.

KLM ofrecerá eReaders a sus pasajeros… « Libros & Tecnologia.